A marca OnePlus estarÃa a desmantelarse de xeito discreto
martes, 20 de xaneiro do 2026
Unha investigación internacional publicada por Android Headlines apunta a que OnePlus está a ser progresivamente desmantelada polo seu grupo matriz, Oppo, nun proceso discreto que inclúe peches de oficinas, recortes de persoal, cancelación de produtos e retirada de mercados clave. A estratexia, segundo fontes internas e analistas do sector, consistirÃa en manter a marca operativa o tempo xusto para cumprir compromisos pendentes antes da súa integración ou dilución definitiva.
A conclusión baséase en entrevistas con empregados actuais e antigos en China, Estados Unidos, India e Europa, asà como en datos de mercado de firmas independentes como Omdia, IDC e TechInsights. O patrón, sosteñen, repite o camiño seguido por marcas históricas como Nokia, BlackBerry, HTC ou LG antes da súa perda de relevancia no mercado móbil.
En 2024, os envÃos de OnePlus caeron máis dun 20 %, pasando duns 17 millóns de unidades a entre 13 e 14 millóns, mentres o conxunto do grupo Oppo medrou un 2,8 %. Segundo Omdia, o crecemento do grupo estivo impulsado exclusivamente pola marca Oppo, mentres OnePlus actuou como lastre.
India, chamada a ser o gran motor de crecemento, converteuse nun problema estrutural. En maio de 2024, arredor de 4.500 tendas de seis estados deixaron de vender produtos OnePlus por atrasos na xestión das garantÃas e marxes comerciais insuficientes. A cota da marca no segmento premium caeu do 21 % ao 6 % nun só ano, mentres que a súa presenza global no mercado indio baixou do 6,1 % ao 3,9 %.
Os recortes executáronse sen anuncios públicos. A sede de OnePlus en Dallas pechou en marzo de 2024, mantendo só un pequeno equipo en Palo Alto para todo o mercado norteamericano. A colaboración con T-Mobile rematou a comezos de 2023 e os modelos máis recentes xa non se comercializan a través de operadoras, unha limitación importante nun mercado dominado por esa canle.
En Europa, as oficinas en Francia, Alemaña e Reino Unido reducÃronse drasticamente xa en 2020, pasando duns sesenta empregados a menos de dez. No caso español rumoréase que a compañÃa, con oficinas no noso territorio dende 2018, estarÃa a piques de pechar as súas oficinas en España co obxectivo de manter unicamente a venda en liña.
Na India, o contraste é aÃnda máis acusado: en 2019, o cofundador Pete Lau prometera a creación do maior centro de I+D da compañÃa, con 1.500 empregados en 2022. En febreiro de 2024, os rexistros corporativos recollÃan apenas 116 traballadores. A promesa nunca foi revisada nin explicada publicamente.
En decembro de 2022, Oppo comprometeu 14.000 millóns de dólares para apoiar OnePlus, abrÃndolle a súa rede de tendas e servizos e permitindo a venda de dispositivos sen beneficio directo. A operación interpretouse como unha intervención de emerxencia máis ca como unha aposta de crecemento sostido. O resultado non mudou a tendencia: mentres Oppo medrou en 2024, OnePlus continuou en retroceso.
Con arredor do 1,1 % da cota global e unha caÃda anual do 20 %, manter OnePlus como marca independente implica custos elevados en mercadotecnia, soporte e estrutura. A cancelación de novos produtos, incluÃdos modelos encartables e variantes compactas, asà como a centralización das decisións en China, apuntan a unha redución progresiva da marca.
A curto prazo, a situación non implica cambios inmediatos para os usuarios. As garantÃas e as actualizacións comprometidas manteranse, co respaldo do grupo Oppo. O interrogante sitúase máis alá dese horizonte temporal, no futuro da marca como proxecto diferenciado.
ACTUALIZACIÓN (21-1-2026): O director xeral de OnePlus na India, Robin Lui, publicou un comunicado asegurando que é falso que OnePlus vaia pechar, considerando como desinformación as evidencias que apuntan na dirección contraria. Iso non invalida as investigación de Android Headlines, senón que poderÃa entenderse en que OnePlus manterá operacións na India, pero reducirÃa a súa presenza internacional.
