A mensaxerÃa de X incorpora cifrado de extremo a extremo
luns, 17 de novembro do 2025
Tras moitos meses en probas, X anuncia oficialmente o seu novo Chat, que xa está dispoñible vÃa web e para iPhone (en breve chegará a Android) e que supón unha evolución da mensaxerÃa privada da plataforma social de Elon Musk para poñerse á altura da competencia.
O novo Chat de X permite conversas cifradas de extremo a extremo, compartir ficheiros, editar e borrar mensaxes, facer desaparecer mensaxes (poñéndolle un tempo de caducidade) e bloquear as capturas de pantallas (e recibir unha notificación ante os intentos), realizar chamadas de voz e vÃdeo, prometendo que non terá publicidade e respectará escrupulosamente a privacidade dos usuarios. Tamén contará con notas de voz máis adiante.
Esta nova funcionalidade estará integrada coas mensaxes directas actuais, pero cando accedemos a esta función por primeira vez teremos que establecer un contrasinal de acceso, que será o que cifrará as comunicacións que fagamos, para garantir a súa seguridade.
O que non semella que vaia pasar é que a xente deixe de comunicarse a través doutras aplicacións para empregar a mensaxerÃa de X como canle de comunicación preferente, que é o que pretende Elon Musk con esta novidade, para avanzar no camiño de converter X nunha super-aplicación.
