A mercadotecnia vÃa Benchmark Email centra un novo obradoiro de SmartPeme+
luns, 11 de agosto do 2025
A Deputación de Pontevedra organiza esta semana un novo obradoiro de capacitación tecnolóxica ao abeiro da Rede SmartPeme+. A acción, en formato telemático e con inscrición previa, celebrarase o martes 12 de agosto e afondará na estratexias de mercadotecnia por correo electrónico e a súa aplicación mediante a ferramenta Benchmark Email. Irá destinada novamente a persoas autónomas e emprendedoras, pequenas e medianas empresas e profesionais en xeral.
Trátase do obradoiro Optimiza a túa estratexia de marketing por correo electrónico con Benchmark Email, que se celebra este martes 12 a partir das 11:00 horas organizado pola oficina de Cambados. O obxectivo da sesión é que os participantes aprendan a transmitir a súa mensaxe, produto ou servizo a través do correo electrónico para mellorar as relacións cos seus clientes na contorna dixital. Ademais, ensinaranse as vantaxes de empregar unha ferramenta especÃfica, como Benchmark Email, para optimizar os seus deseños e medir os resultados das diferentes campañas. O obradoiro será impartido por Jose Luis Taboada, asesor na propia oficina con máis de 25 anos no sector e especializado en sistemas informáticos, e as inscricións pódense realizar no formulario habilitado.
A Deputación destina este ano 1,45 millóns de euros á Rede SmartPeme+ e Acelera Peme Rural para asesorar persoas emprendedoras desde as oficinas de Barro, Cambados, LalÃn, Ponteareas, Pontevedra, O Porriño e Vigo. Desde esta rede lévanse a cabo actividades formativas relacionadas co crecemento empresarial e a transformación dixital, asesorando a ata 2500 emprendedores, autónomos e pemes ao ano e impartindo arredor de 200 talleres formativos e actividades complementarias.
