A mocidade tecnóloga, entre o máis demandado na XVI Feira de Emprego da Cámara da Coruña
martes, 29 de outubro do 2024
Este 29 de outubro celebrouse en PALEXCO a XVI edición da Feira de Emprego da Cámara da Coruña, na que participaron 600 mozos e 70 empresas con máis de 200 procesos de selección abertos.
No acto de inauguración participaron Natalia Barreiro, vogal do comité executivo da Cámara da Coruña e directora da Refinería Repsol Petróleo na Coruña, e Zeltia Lado, directora xeral de Formación e Cualificación para ou Emprego na consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia.
Natalia Barreiro destacou na súa intervención que “na actualidade, en toda a demarcación cameral, temos 9.107 mozos rexistrados en Garantía Xuvenil e en procura activa de emprego, dos cales 4.158, un 54,34%, residen nesta cidade”. Engadiu que a Cámara imparte máis de 20.000 horas de formación anualmente, para axudar á mocidade nesta formación.
Pola súa banda, Zeltia Lado destacou “a nova estratexia Mocidade Activa da Consellería Emprego, que vén con máis de 20 millóns de euros e que incorpora o programa de primeira experiencia profesional para menores de 30 anos, o Galicia Emprega Moz@s ou o Investigo”.
Postos máis demandados
Fontes da organización do congreso fixeron saber que o que máis buscan as empresas da Coruña son tecnólogos, enxeñeiros, electricistas, técnicos de mantemento, frigoristas, persoal de comercio, persoal de entidades financeiras, persoal para as Forzas Armadas, soldadores, carpinteiros, arquitectos, xefes de obra, persoal para o sector de loxística ou da hostalería, entre outros.
No transcurso da mañá, os mozos puideron asistir tamén a talleres nos que se abordaron estratexias útiles para participar en procesos de selección.
Empresas participantes
As empresas que participaron nesta edición son: Abanca, Acciona, Ananda, Anovar, Arba Energy, Arce Clima, Areté Gestión de Personas, Aseb, Automóviles Louzao, Bysidecar, Carrefour, Citanias, Clece Vitam, Commcenter, Disashop, Domus Vi, Duacode, El Corte Inglés, El Pulpo-Nanos, Eulen-Flexiplan, Eurofirms Ett, Fridama, FUAC, Fundación Nortempo , Gabadi, Gadisa, Genesal, Gi Group, Grupo Acebron, Grupo Aluman, Grupo Atlante, Grupo Calvo Nauterra, Grupo Cortizo, Grupo Eulen, Grupo Externa, Grupo Gestán , Grupo Konecta, Grupo Malasa, Horta Coslada, Ilunion, Iman Temporing, Inserta Once, Integra Cee, Interim Group, Inusual, Inycom, Jardanay, Joyerías José Luis, KPMG, Leroy Merlin, Ln Consultores, Luckia, Micofer, Ministerio de Defensa, Nordés Ancín (Grupo Abeirar), Nortempo ETT, Northius, Osmos, Prosegur Alarmas, Repsol, Safeguard Global, Samaín Servizos, Santa Lucía Seguros, Servicios Reunidos, Synergie, Tecdesoft, Temporing, Vegalsa-Eroski, Visual MS e Zemsania.
A Feira de Emprego da Cámara da Coruña enmárcase no Programa Integral de Cualificación e Emprego (PICE) das Cámaras de Comercio de España. O seu obxectivo é apoiar a redución da taxa de desemprego entre os mozos, mellorando a súa cualificación e empregabilidade e promovendo o autoemprego.