A moeda Tuents by Tuenti volve a O Son do Camiño en Santiago
venres, 14 de xuño do 2019
Tuenti,
o operador de fibra e móbil, estará de regreso este verán en boa
parte dos grandes festivais musicais de 2019, nos que a moeda oficial
será novamente Tuents by Tuenti. Sen ir máis lonxe, será o valor
de cambio oficial da segunda edición do Festival
O Son do Camiño en Santiago, que se celebra dende onte (e até
mañá) no Monto do Gozo da capital galega. Os asistentes a estes
festivais poderán utilizar os seus Tuents para adquirir
comida e bebida nos recintos oficiais de cada evento.
O
diñeiro de Tuenti vén con extras a ter en conta. Por exemplo,
as persoas que xa sexan clientes da operadora, “só polo feito de
selo”, terán beneficios engadidos ao rematar o festival, xa que os
Tuents teñen máis vida tras o festival: poderán trocarse
para conseguir entradas duplas para outros festivais nos que Tuenti
estea presente e descontos directos en marcas colaboradoras (Just
Eat, Uber, Ticketea by Eventbrite e Undërwood).
Ademais,
este proceso é dixital e realízase accedendo a www.tuenti.es/tuents
para introducir os códigos impresos nos seus Tuents físicos
ou pulseira, dependendo da forma de pago do festival.
A
compañía de fibra e móbil achegará a moeda oficial nun total de
27 festivais: Viña Rock (Albacete), Warm Up Estrella de Levante
(Murcia), Love the Tuentis Festival (Madrid), Interestelar (Sevilla),
Tomavistas (Madrid), Lles Arts (Valencia), Paraíso (Madrid), A
Summer Story (Madrid), O Son Do Camiño (Santiago), Download Festival
(Madrid), Resurrection Fest (Lugo), Barcelona Beach Festival, Low
Festival (Benidorm), Unite with Tomorrowland Barcelona, Arenal Sound
(Castelló), Tsunami (Xixón), Medusa (Cullera), Sonorama Ribera
(Burgos), Gigante (Guadalaxara), DCODE (Madrid), Love the Tuentis
Valencia, Selecta Sound, Caudal Fest, Madrid Salvaje, BIME Pro e Live
(Bilbao) e Oro Viejo (Madrid).