A moza que abortou e o contou, Poscoito, Pringadas e Pulp Air optan ao Premio á Mellor Serie Web nos Mestre Mateo
xoves, 6 de febreiro do 2025
A actriz Susana Sampedro e o deseñador de son David Machado anunciaron este 6 de febreiro as candidaturas finalistas da vixésimo terceira edición dos Premios Mestre Mateo, nun acto celebrado no Pazo da Deputación de Pontevedra. Xunto ao anuncio de finalistas, a Academia Galega do Audiovisual desvelou que Teté Delgado será a encargada de presentar a gala que terá lugar o dÃa 15 en LalÃn e a coreógrafa Marta Alonso dirixirá o espectáculo baixo o lema de O audiovisual en movemento.
A serie Rapa producida por Portocabo é a produción máis votada polas académicas e académicos, con 18 candidaturas, empezando pola de Mellor Serie de TV, que comparte coas producións de Vaca, Clanes, e El circo de los muchachos e a producida por Undodez xunto a Televisión de Galicia, Bibopalula.
Rapa tamén coloca a sete dos seus intérpretes como finalistas nas categorÃas de interpretación: Mónica López, Javier Cámara e DarÃo Loureiro en papeis protagonistas e Sheyla Fariña, Adrián RÃos, Diego Anido e Miguel de Lira en reparto.
Pola súa banda, Honeymoon coloca a tres dos seus intérpretes nas categorÃas finalistas, Javier Gutiérrez como protagonista e Antonio Durán "Morris" e MarÃa Vázquez en reparto. Completan as categorÃas de interpretación protagonista Federico Pérez por + Cuñados, Carmen Machi por Tratamos demasiado bien a las mujeres, Andrea Varela por As Neves e LucÃa Veiga por Na gloria, que tamén consegue ser finalista en reparto por As Neves. Conclúe a candidatura de reparto MarÃa Pujalte por Clanes.
As finalistas a Mellor Longametraxe son As Neves, + Cuñados, Honeymoon e Xustiza artificial. Tres delas aparecen tamén como finalistas a Mellor Dirección, Sonia Méndez por As Neves, Luis Avilés por + Cuñados e Enrique Otero por Honeymoon xunto con Jorge Coira e Javier Cámara por Rapa.
En Mellor Documental están Aurora, Filmei paxaros voando, Salvaxe, salvaxe e Prefiro condenarme, cuxo guión, de Margarita Ledo e Eva Veiga, tamén é finalista xunto cos traballos de Pepe Coira e Fran Araújo por Rapa, Roberto G. Méndez e Enrique Otero por Honeymoon e Sonia Méndez por As Neves.
Nas categorÃas técnicas están en Mellor Dirección de Produción Ana MÃguez por Rapa, que repite xunto a Javi Lopa por + Cuñados, MarÃa Liaño por Clanes e Nati Juncal por Prefiro condenarme, que tamén repite xunto a Silvia Fuentes por As Neves.
En Mellor Dirección de FotografÃa compiten Alberte Branco por Prefiro condenarme, Jaime Pérez por Rapa, LucÃa C. Pan por As Neves e Sergio Franco por Honeymoon. E en Mellor Dirección de Arte, Andrea Pozo por + Cuñados, Curru Garabal por Tratamos demasiado bien a las mujeres, Elia Robles por As Neves e Inés RodrÃguez por Rapa.
En Mellor Montaxe están Adrián Pino por Honeymoon, Gaspar Broullón, Lu RodrÃguez e Jorge Coira por Rapa, Juliana Montañés por As Neves e repite Lu RodrÃguez por + Cuñados.
Pleno feminino nas categorÃas de maquillaxe e peiteados, con Fanny Bello, que dobra por + Cuñados e Rapa xunto con Sonia GarcÃa por As Neves e Susana Veira e Bea Antelo por Clanes e vestiario, con Alicia Dapena por Rapa, Maite Tailonte por Tratamos demasiado bien a las mujeres, MarÃa Fandiño por Honeymoon e MarÃa Porto por As Neves.
Ao contrario, pleno masculino na categorÃa de Mellor Son, con Carlos Mouriño por Clanes, que dobra xunto con Diego Staub e Pablo Rega por Honeymoon, David Machado, Javier Pato e Daniel Fernández por As Neves, Juan Gay e de novo Diego Staub por Rapa e na categorÃa de Mellor Realización, con Adolfo Fernández de Recollendo músicas, Jairo Iglesias de Nosoutras, Marcos Nine de Historias de aquà e Simone Saibene de Cinephilia. Simone repite tamén na categorÃa de Mellor Comunicador xunto con EstÃbaliz Veiga, Juan Fuentes e Paco Lodeiro.
Oito curtametraxes compiten nas súas categorÃas, en imaxe real Nai, Platónico, plantónica, Pura e Véxote e en animación AvetimologÃa. Eu vou conmigo, Noites de prata e Sinapse.
Completan as categorÃas dos XXIII Premios Mestre Mateo a de Mellor Serie Web, onde están A moza que abortou e o contou, Poscoito, Pringadas e Pulp Air.
En Mellor Videoclip compiten Alentejo de Baiuca, Hi, my love de Sabela, Marimondra de Mondra e Adela Otero e Quererse ben, tamén de Mondra. E a Mellor Programa están Cinephilia, Cos pés na terra, Nosoutras e Recollendo músicas.
Por último, os finalistas a Mellor anuncio publicitario son Arde LVCVS MMXIV; Cortello Club. Campaña contra a trata; Galicia sabe amar e Non pode ser máis de aquÃ.
As premiadas e premiados daranse a coñecer na gala de entrega de premios que se celebrará o sábado 15 de marzo no LalÃn Arena.