A nostalxia destaca entre as novas incorporacións a Prime Gaming
martes, 25 de xuño do 2024
Os subscritores de Amazon Prime teñen acceso a unha chea de videoxogos de balde para o seu ordenador sen custo adicional, que antes da chegada do vindeiro Prime Day van ser moi interesantes, por incorporar tanto tÃtulos considerados auténticos clásicos, como algún xogo moderno con aire retro que tamén pode conquistar o corazón do público.
Neste momento están xa dispoñibles os xogos Deceive Inc., Tearstone: Thieves of the Heart, The Invisible Hand e o épico Call of Juarez, aos que o dÃa 27 se unirán Forager, Card Shark, Heaven Dust 2 e Soulstice, deixando os pratos fortes para o mes de xullo.
O 3 de xullo será cando se incorpore á oferta de Prime Gaming o xogo Wall World, xunto con Hitman Absolution (aventura do Axente 47 lanzada en 2012) e Call of Juarez: Bound in Blood (xogo de acción ambientado no Antigo Oeste americano que chegou a PC en 2009).
Pero a xornada que será unha auténtica tolerÃa de incorporacións a Prime Gaming será o 11 de xullo, cando chegará Teenage Mutant Ninja Turtles: Shredder’s Revenge (un beat’em up dar Tartarugas Mutantes que recupera o estilo dos xogos de recreativa baseados na clásica serie de animación que fora todo un fenómeno a finais dos anos 80 e primeiros dos 90), Star Wars: Knights of the Old Republic II – The Sith Lords (un dos xogos de Star Wars mellor considerado pese a ser bastante antigo), Alex Kidd in Miracle World DX (un xogo retro que recupera ao clásico Alex Kidd) e Samurai Bringer (un curioso roguelike ambientado nun Xapón feudal con toques mitolóxicos).