A nova Cam Link de Elgato soporta vÃdeo 4K
martes, 27 de novembro do 2018
Hai ano e medio a compañÃa Elgato estreou
un accesorio chamado Cam Link, que conectado ao porto USB do noso equipo
informático permite converter nunha webcam unha fonte de vÃdeo achegada por
HDMI, pensando principalmente empregar unha cámara réflex, unha videocámara ou
incluso unha cámara deportiva para captar a imaxe dun creador de contidos (coa
vista posta en persoas que retransmiten partidas de videoxogos) con boa
calidade e asà poder inserila sen maior complicación na meirande parte das
aplicacións de retransmisión de vÃdeo do mercado.
Este pequeno accesorio resulta de grande utilidade, xa que non é máis que unha
capturadora de vÃdeo de alta definición que de cara ao ordenador é unha webcam,
consumindo como único recurso do equipo informático un porto USB 3.0.
En vista da boa acollida que ten este trebello, decidiron actualizalo, de xeito
que agora xa non se limite a resolucións Full HD, senón que a nova Cam Link 4K pode capturar
vÃdeo en ultra alta definición a 30 imaxes por segundo e en Full HD a 60 imaxes
por segundo, conservando sempre unha latencia moi reducida, de xeito que temos
unha solución ideal para o vÃdeo en directo.
Este novo trebello non só mantén a aparencia externa do seu predecesor, senón
que tamén conserva o prezo, de xeito que xa podemos atopar
a Cam Link 4K a 129,95 euros, podendo converterse no complemento que algúns
creadores de contido precisaban para dar o salto ao 4K nas súas producións de
vÃdeo.