A nova consola de Atari poderá encargarse a partires do 30 de maio
luns, 30 de abril do 2018
O ano pasado emerxeron os plans do retorno da
marca Atari como unha nova consola de videoxogos, para o que tirarÃan
inicialmente proveito do micromecenado, e finalmente xa se coñecen os plans
para a súa campaña de lanzamento: a
partires do 30 de maio poderase encargar a nova Atari VCS a través de Ingiegogo.
A consola estará dispoñible tanto nun modelo
retro con acabados de madeira como
nunha versión negra, e o seu prezo partirá dos 199 dólares, estando só
dispoñible por tempo limitado, aÃnda que os mecenas deberán agardar até a primavera
de 2019 para poder pór as mans enriba a esta nova máquina de lecer electrónico
que será bastante diferente doutras propostas nostálxicas, xa que desta volta
apostará por contar cunha gráfica Radeon de AMD que lle permita gozar de
gráficos 4K con HDR até a 60 cadros por segundo. Tamén contará con Wi-Fi de
dobre banda, Bluetooth 5.0 e USB 3.0.
Acompañando á consola estarán dispoñibles un par de mandos: un clásico, que imitará
ao das vellas consolas domésticas de Atari; e outro na liña dos gamepads das
consolas actuais. Para atender aos amantes do retro tamén poderá empregarse para correr os máis dun cento de
xogos de Atari Vault (que inclúe tÃtulos como Asteroids, Centipede ou Breakout) aÃnda que espérase que poida
empregarse para gozar de moitos outros tipos de xogos e contidos, dos que irán
dando detalles nos vindeiros meses.
- A consola Atari VCS incluirá a colección de xogos Atari Vault (con máis dun cento de tÃtulos)