A nova edición da Mobile Week Ourense esgrime as TIC contra o despoboamento rural
mércores, 7 de setembro do 2022
Esta
mañá presentouse o programa de actividades da Mobile Week Ourense 2022,
evento que terá lugar entre o 15 e 18 de setembro incluÃndo obradoiros, relatorios,
conferencias, demostracións ou formación dixital para todos os públicos. Participaron
no acto de presentación o vicepresidente segundo do goberno provincial, César
Fernández; a responsable de Mobile Week en Mobile World Capital Barcelona,
Cristina Colom; o delegado da Xunta en Ourense, Gabriel Alén; o director de
Banca Institucional de Abanca en Ourense, Mateo Alonso San Román; a xerente do
Inorde, Emma González; e o coordinador da Mobile Week Ourense, Fernando Suárez.
A iniciativa, que nace baixo a alianza da Deputación de Ourense
e Mobile World Capital Barcelona, está deslocalizada pola provincia e perfilada
baixo a necesidade da loita contra o despoboamento rural a través da
dixitalización, o achegamento da administración ao cidadán e avanzar na
adaptación da poboación á nova realidade tecnolóxica.
O vicepresidente segundo do goberno provincial, César
Fernández, destacou que esta segunda edición "consolida unha aposta
decidida do presidente da Deputación, Manuel Baltar, por situar á provincia á
vangarda das novas tecnoloxÃas e o uso de ferramentas dixitais ao servizo da
cidadanÃa". Unha liña de traballo, engadiu, que non só permitirá loitar
contra a fenda dixital, senón tamén "comprobar como esas tecnoloxÃas
pódennos axudar a facer fronte ao despoboamento e o desarraigamento no
rural".
A responsable de Mobile Week en Mobile World Capital
Barcelona, Cristina Colom, resaltou pola súa banda o compromiso de Ourense por
conectar tecnoloxÃa e cidadanÃa. "Achegar a transformación dixital ás
necesidades cotiás do cidadán do montón é un dos obxectivos de Mobile Week, que
se consolidou nos últimos anos como unha iniciativa de éxito que axuda a
acurtar as fendas dixitais, fomentar a inclusión dixital e impulsar o
empoderamento dixital da cidadanÃa", destacou Colom.
O delegado da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, expresou a súa
satisfacción por "participar, a través de Turismo de Galicia, nun proxecto
no que a administración autonómica comparte moitos dos obxectivos, entre eles
lograr que os servizos tecnolóxicos tamén cheguen ao rural".
Pola súa banda, o coordinador do programa, Fernando Suárez,
afirmou que o espÃrito da Mobile Week Ourense "é poñer ás persoas no
centro do desenvolvemento tecnolóxico, por iso as actividades está destinadas a
toda a cidadanÃa". Tanto no Centro Cultural Marcos Valcárcel como noutros
puntos da capital e da provincia, "os ourensáns poderán gozar dunha axenda
de actividades moi ambiciosa" baseada, explicou Suárez, en tres eixos
principais: os dereitos dixitais, a construción do futuro e as habilidades, con
sesións formativas e talleres para todos os públicos e con atención á
tecnoloxÃa desde os aspectos máis básicos ata os máis vangardistas.
Contidos deslocalizados
A Mobile Week Ourense deslocalizará actividades ao longo da
provincia, con iniciativas xa programadas en concellos como Xinzo, Celanova, O
Irixo ou San Xoán de RÃo, ademais doutros municipios que se anunciarán durante
os vindeiros dÃas.
Os contidos da Mobile Week Ourense están estruturados por
colectivos de idade. Desta forma, os nenos terán actividades como simuladores
de coches, competición do xogo Clash Royale, obradoiros de robótica e
programación ou de navegación segura.
Entre as actividades para familias, destaca, dentro do
Family Day, o taller Digicraft de Fundación Vodafone, que formará aos
máis pequenos nas competencias dixitais para o futuro. O taller Un mundo
conectado é outra proposta, organizada por CaixaBank, que permite coñecer
como é o proceso de ideación dun novo negocio mediante a aplicación de
tecnoloxÃa. Os adolescentes e mozos contarán, ademais, con accións como a
charla da influente Carla Gabián, un concerto de música electrónica ou pases de
curtos de animación.
Os pais e educadores terán á súa disposición contidos que
virarán ao redor da educación na internet, a prevención de comportamentos de
risco de adolescentes ou un escape room sobre a privacidade dixital. No
marco da Mobile Week tamén se presentará a aplicación VouContigo, que traballa
como nexo de seguridade entre familias e mozas nos traxectos nocturnos de volta
a casa e outros escenarios similares.
Os profesionais contarán con actividades sobre os usos da
Intelixencia Artificial, fondos de recuperación e a identidade electrónica. E
os organizadores da Mobile Week Ourense deseñaron contidos enfocados para os
maiores, con actividades ao redor da ciberseguridade, a formación dixital ou
unha escape room sobre o Camiño de Santiago.
Ademais, entre as actividades paralelas que se desenvolverán
durante estes dÃas, a Mobile Week Ourense contará coa presentación dunha app do
Camiño de Santiago, realizada polo Inorde, ou o conta contos Ciberseguridade
con SofÃa.
