A nova pelÃcula de Spider-Man terá un videoxogo desenvolvido por Beenox
luns, 17 de outubro do 2011
Nos últimos dÃas tivo lugar en New York unha convención
sobre o mundo do cómic na que deron a coñecer numerosas novidades do cine, a
televisión e os videoxogos (demostrando a influencia que a banda deseñada ten
no lecer), e alà puido verse un
poster no que anunciaban o videoxogo The
Amazing Spider-Man, que estarÃa a ser desenvolvido por Beenox (compañÃa
detrás dos 2 últimos xogos do Home Araña) e basearÃase na pelÃcula do
lanzarredes que poderemos ver o ano que vén nos cines. Pero esta información
completouse despois ao amosarse
en primicia o trailer do xogo en desenvolvemento, que fuxirÃa da mecánica
de Dimensions e Edge of Time, para optar por fórmulas de entregas anteriores, de
xeito que volveremos a ver a Spider-Man nun mundo aberto no que balancearse
coas súas redes por toda a cidade de New York.
O feito de que este xogo vaia estar dispoñible no verán de 2012 e o seu trailer
corresponda a imaxes do mesmo (e non a secuencias cinemáticas) poderÃa dar a
entender as causas de que o recente Spider-Man:
Edge of Time non dea a talla,
pois serÃa un xogo feito ás presas para poder centrarse en Amazing, aÃnda que dende Beenox aseguran que este novo xogo leva un
ano en desenvolvemento, ou sexa, que a
compañÃa dividiuse en 2 equipos para poder abordar ambos proxectos.
Trailer filtrado do novo xogo de Spider-Man