A nova tableta Samsung Galaxy Tab S6 aposta pola produtividade e a creatividade
mércores, 31 de xullo do 2019
A vindeira
semana Samsung presentará o seu novo Galaxy Note10, pero non quixo esperar até tal
data para dar a coñecer a súa nova tableta de alta gama, a Galaxy
Tab S6, que promete máis produtividade e creatividade, de xeito que temos
un dispositivo moi atinado para profesionais e creadores de contidos.
Pensando nos creativos a nova tableta conta cun S Pen redeseñado, que agora
conta con funcionalidades de control remoto (que permiten tomar selfies ou
controla o contido multimedia creado incluso coa tableta fóra das mans) e con
carga sen fÃos (ofrecendo até 10 horas de autonomÃa con só 10 minutos de
carga).
A tableta Galaxy Tab S6 permite tomar notas co S Pen dun xeito máis doado,
sendo capaz de converter notas a man en texto dixital e exportar a formatos
como o de Microsoft Word cun único clic.
Tamén permite crear notas rápidas ou
bosquexos en pantalla mentres se ve un vÃdeo, axustando a transparencia da fiestra
de Samsung Notes.
A tableta tamén conta cunha nova versión de Samsung DeX, o que permite gozar
dunha experiencia de uso semellante á dun PC, realizando varias tarefas ao
mesmo tempo e optimizando a experiencia visual. Incluso a funda-teclado do Galaxy
Tab S6 inclúe unha tecla de función DeX, que permite abrir e pechar ese modo
con só premer unha tecla. O teclado tamén incorporou soporte para S Pen, un
soporte de ángulo libre, un teclado táctil e novas teclas de función.
A Galaxy Tab S6 incorpora cámara dual (de xeito que é a primeira tableta de
Samsung cunha cámara grande angular), ten un corpo lixeiro e compacto (só 5,7
milÃmetros de grosor), a súa pantalla Super AMOLED de 10,5 polgadas integra
lector de pegadas, a combinación de SmartThings e Bixby tamén facilita o seu
uso para o control domótico e incluso pode presumir de potencia dabondo para
gozar de xogos bastante esixentes (aparte do potente procesador tamén conta cun
modo Game Booster) e os seus catro altofalantes de AKG e Dolby Atmos conseguen
mellorar a experiencia de reprodución musical e audiovisual (de feito, a
tableta inclúe 3 meses de balde de Spotify Premium e 4 meses de balde de
YouTube Premium).
A tableta chegará ás tendas a finais de agosto en cor Mountain Grey e Cloud
Blue.
VÃdeo promocional da Samsung Galaxy S6 protagonizado pola artista sevillana Coco Capitán