A operadora Adamo leva a fibra óptica a 51 concellos de Lugo en sete anos

luns, 25 de novembro do 2024 S. P.

A operadora Adamo, especializada en levar Internet ultrarrápida a vilas e aldeas, algunhas en zonas rurais en perigo de despoboamento e con pouca conectividade, ten no seu haber a despregadura de fibra óptica de máis de 107.000 fogares lucenses ao longo de sete anos.
Así, ao longo dese período, desde 2017, até 51 concellos dos 67 (arredor do 80% do total de concellos en Lugo) estrearon fibra óptica ou viron ampliada unha rede preexistente. Cómpre salientar os últimos casos: Becerreá, Guntín, O Corgo, O Páramo, Portomarín, Friol, A Pontenova ou Carballedo, entre outros.
Adamo, alén de levar a cabo as despregaduras en áreas remotas, achega Internet e telefonía para complementalos. A operadora ofrece dous paquetes básicos segundo a capacidade tanto da conexión para o fogar coma no móbil.
Adamo tamén dispón dunha proposta de conectividade fibra e móbil para os profesionais e as empresas cun prezo ultracompetitivo e para sempre.
Dende a compañía ofertan para os que buscan prezo económico e pagar só polo que precisan, a tarifa Caaalma, por 19 euros, inclúe fibra óptica de 400 Mb para casa e móbil con 15 GB de datos. No caso de que o usuario queira mellorar o pack, por 10 euros máis pode agregar móbil con GB ilimitados, fibra de 1 GB para casa e un router Wi-Fi 6 xunto cun amplificador para potenciar o sinal en cada recuncho da vivenda. Para aquelas persoas que buscan as máximas prestacións de velocidade e GB ilimitados, Adamo ofrece a tarifa Caaalma total, que consta de fibra óptica de 1 GB e datos sen límite por 39 euros. Engadir que é posíbel agregar liñas adicionais con GB ilimitados por 5 euros ao mes. Este paquete xa leva de partida o router Wi-Fi 6 e o amplificador de sinal para a vivenda.