A operadora Telefónica leva a 2.000 municipios españois a súa 5G de altas prestacións
martes, 25 de marzo do 2025
A operadora Telefónica anuncia que a súa 5G de altas prestacións (3.500 MHz) xa se atopa en máis de 2.000 municipios de toda España, o que a converte en lÃder no despregamento nesta banda, que achega altas velocidades e baixa latencia tanto a usuarios particulares como empresariais, amais de facilitar un incremento da calidade de rede.
Botando a ollada ao peche do pasado ano, Telefónica contaba con 1.500 municipios con despregamento en 3.500 MHz e en tres meses xa superou o fito das 2.000 localidades (+33%). Con este novo impulso, a operadora segue afianzando a capilaridade da súa rede de altas prestacións, coñecida comercialmente como 5G+ para os clientes de Movistar e O2, ofertándoa case na totalidade do territorio, desde grandes cidades con miles de habitantes e as principais vÃas de comunicación até poboacións medianas e pequenas localidades rurais con decenas de veciñas e veciños.
Alén disto, Telefónica pon a disposición da súa clientela a cobertura 5G na banda de 700 MHz, presente xa en máis de 4.000 municipios, dos cales máis da metade contan tamén con despregamento na banda de altas prestacións de 3.500 MHz. A banda de 700 MHz mellora o servizo en interiores e acada unha cobertura de rede móbil en exteriores máis extensa.
En resumo, todo iso permite a Telefónica achegar a cobertura coa tecnoloxÃa 5G a máis do 91% da poboación cun crecemento progresivo desde o lanzamento desta tecnoloxÃa en setembro de 2020, cando a cobertura era do 78%. A actual rede móbil en España da operadora salienta asà como a máis relevante do paÃs, tanto en número de nodos como no de municipios.
Amais da ampliación desta despregadura 5G na rede móbil, Telefónica tamén acelerou o desenvolvemento da súa rede fixa sobre fibra FTTH, referente mundial e lÃder en España con 30,8 millóns de unidades pasadas a peche de 2024 (1,6 millóns máis que un ano antes).
Asemade, Telefónica tamén activou a 5G Stand Alone (SA) en todos os municipios que contan coa 5G da operadora, xa sexa a través da banda de 700 MHz, da de 3.500 MHz ou en ambas. AsÃ, a 5G de Telefónica está presente xa en máis de 4.000 municipios de toda España, tanto en zonas urbanas do paÃs como en rurais. A 5G SA potencia as capacidades da 5G ao empregalo en toda a infraestrutura de rede (core e acceso radio), o que implica maiores velocidades de datos, menor latencia e maior fiabilidade. Esta tecnoloxÃa é de especial interese para as empresas, xa que permite facilitar a implantación de funcionalidades como o Network Slicing ou o Edge Computing, que son de gran relevancia en sectores como a industria ou a loxÃstica (portos ou transporte por estrada) e en servizos públicos como a atención ao cidadán (Smart Cities). Atendendo a isto., o pasado ano Telefónica xa se converteu na primeira operadora en España en lanzar un servizo de conectividade móbil con Network Slicing 5G para empresas, e instaurouno de maneira pioneira no servizo de emerxencias do 112 de Estremadura. A modalidade SA de 5G atópase xa dispoñible tamén nun amplo catálogo de terminais de máis de 200 modelos de distintos fabricantes e todas as gamas, que se seguirá ampliando.
Engadir que a chegada da 5G á contorna rural está sendo posible grazas á colaboración público-privada a través de diferentes axudas encamiñadas a favorecer o acceso ás últimas tecnoloxÃas nas devanditas poboacións. Como exemplo, a recente adxudicación a Telefónica de 102,7 millóns de euros, dun total de 161,3 millóns, para despregar 5G en 1.116 emprazamentos rurais na segunda convocatoria do programa ÚNICO Redes Activas. Este proxecto permitirá cubrir a 326.000 persoas e 6.800 quilómetros de estradas, coa instalación de 265 novas localizacións que intensificarán a capilaridade da extensa rede móbil desta operadora en España.