A operadora de telecomunicacións 7Play apoia o deporte de Pontevedra

mércores, 26 de xullo do 2023 S. P.

De esquerda a dereita, Rafael Fernández, de Fibralar by 7Play, e Andrés Senra, do Atlético Novás

A operadora de telefonía móbil, Internet e televisión 7Play, ao abeiro da súa liña de traballo de responsabilidade social corporativa e de compromiso coas entidades e asociacións locais, puxo en marcha unha campaña para apoiar e impulsar o deporte local en Pontevedra.
Así, o grupo de telecomunicacións, a través da súa marca Fibralar by 7Play, asinou estes días tres acordos de colaboración con clubs pontevedreses de distintas disciplinas deportivas como o Tomiño Fútbol Club, o Club Atlético Novás (O Rosal) ou o Club Náutico Inclusivo Baixo Miño, para que os seus socios poidan conseguir gratis o seu abono para a nova tempada.
Esta iniciativa nace da sensibilidade que 7Play ten cara ao local. De feito, a súa orixe atópase en operadores locais que o grupo de telecomunicacións está a integrar na súa estrutura. Actualmente, 16 compañías locais forman parte do grupo 7Play, entre elas as galegas Fibralar e Duo Teleco.
Abonos gratis e axudas aos clubs grazas a Fibralar by 7Play
Grazas a estes novos convenios, todos aqueles que contraten Internet e unha liña de telefonía móbil con Fibralar by 7Play poderán conseguir gratis a renovación ou adquisición do seu abono da vindeira tempada do Atlético Novás, o Tomiño FC ou o Club Náutico Inclusivo Baixo Miño, do que Fibralar by 7Play é tamén patrocinador. “Estes acordos permítennos apoiar aos clubs, pero tamén estar máis preto dos nosos clientes, axudándolles de forma directa. As nosas tarifas, ademais, son das máis competitivas do mercado e ofrecemos un alto nivel de atención ao cliente”, sinala Rafael Fernández, director de Desenvolvemento de Negocio de Fibralar by 7Play.

De esquerda a dereita, Marcos Casaleiro, do Club Náutico Inclusivo Baixo Miño, e Rafael Fernández, de Fibralar by 7Play

Pola súa banda, Javier Palacios, director de Marketing do grupo 7Play, declarou: “Entusiásmanos ter a oportunidade de facer algo que levamos moi a gala na nosa compañía, que é o apoio do local. Somos unha empresa que naceu neste ámbito e non queremos perder as nosas raíces”.
O grupo 7Play está a desenvolver esta campaña por varios puntos da xeografía española. No caso de Pontevedra, a compañía presentou tamén hai un mes un acordo similar de colaboración co Pontevedra CF e nas próximas semanas poderían anunciarse novas alianzas.
p margin-bottom: 0.25cm; line-height: 115%; background: transparent

PUBLICIDADE