A pantalla do Samsung Galaxy Z Fold7 pode superar o medio millón de pregados
martes, 22 de xullo do 2025
Samsung Display anunciou hoxe que o seu novo panel OLED encartable superou con éxito unha proba de durabilidade de 500.000 pregados, mantendo a súa funcionalidade plena tras a proba. A certificación foi realizada pola entidade internacional Bureau Veritas, e representa un salto significativo fronte aos 200.000 pregados que se tomaban ata agora como referencia.
O panel, que equipa o novo Samsung Galaxy Z Fold7, foi sometido durante 13 dÃas a condicións constantes de 25 graos centÃgrados. Segundo a análise de Bureau Veritas, os 500.000 pregados equivalen a máis de 10 anos de uso para un usuario medio (cunhas 100 veces de pregado ao dÃa) ou a uns 6 anos para usuarios intensivos que encartan o dispositivo máis de 200 veces cada xornada.
Este avance débese a unha nova estrutura resistente aos impactos, inspirada nos principios do vidro antibalas. Samsung Display incrementou nun 50 % o grosor do seu vidro ultrafino (UTG) exterior e aplicou un novo adhesivo altamente elástico en cada capa do panel, multiplicando por catro a capacidade de recuperación fronte ao material anterior. Isto permite unha mellor absorción da enerxÃa de impactos externos.
Ademais, a compañÃa incorporou unha estrutura de aplanado que reparte a presión de forma uniforme e engadiu unha placa de titanio como soporte interno. O titanio, máis lixeiro e delgado ca outros materiais convencionais, contribúe a un deseño máis fino e lixeiro sen comprometer a protección do dispositivo.
