A película de Green Lantern terá videoxogo no verán

luns, 14 de febreiro do 2011 Marcus Fernández

Sinestro, Hal Jordan e Killowog aparecen no novo trailer do xogo baseado na película de Green Lantern

Para o 29 de xullo está prevista a estrea da película The Green Lantern, que conta as aventuras de Hal Jordan, un piloto de probas recrutado por un corpo de defensores espaciais que empregan un anel alimentado por unha lanterna verde que permítelle crear formas de enerxía para protexer a vida e derrotar a ameazas alieníxenas. Non sorprende que este título veña acompañado por unha contrapartida no mundo dos videoxogos desenvolvida por Double Helix, e que responderá ao título de Green Lantern: Rise of the Manhunters, parece contar cun argumento de seu e chegará en versións para Xbox 360, PlayStation 3, Wii, PSP e Nintendo DS.
O xogo vén de estrear trailer, no que podemos ver cómo serán os inimigos aos que terán que facer fronte os lanternas verdes Hal Jordan, Killowog e Sinestro, que non serán outros que os Manhunters (androides que precederan ao corpo de lanternas verdes como protectores do Universo). O lanzamento do xogo procurará ser simultáneo á súa chegada á grande pantalla.


Trailer do xogo de Green Lantern

PUBLICIDADE