A película de Watchmen terá un videoxogo episódico

luns, 17 de novembro do 2008 Marcus Fernández

En marzo de 2009 se agarda que a película Watchmen, baseada nun cómic de Alan Moore e Dave Gibbons, chega aos cines de case todo o mundo, e Deadline Games correrá coa correspondente adaptación ao videoxogo, que contará cun formato bastante orixinal, pois en vez de ser un produto feito ás presas (o que se nota habitualmente na calidade, o que condena habitualmente ao esquecemento aos xogos baseados en películas) opta por un formato episódico, o que permitirá un desenvolvemento progresivo, á vez que dosifica a experiencia para o usuario.
Imos coñecendo os detalles deste videoxogo, e Watchmen: The End Is Nigh se situará cronoloxicamente antes da historia da película a xeito de precuela, deixándonos tomar o control de dous dos heroes protagonistas (Rorschach e Bufo Nocturno) que loitarán contra o crime durante 6 capítulos nos que podemos empregar a cada personaxe por separado ou a ambos en modo cooperativo.
O xogo estase a desenvolver para Xbox 360, PS3 e PC, e non se coñece aínda o seu calendario de lanzamento (que podería ser moi dilatado) nin os prezos aos que chegarán os episodios descargables.

Unha das primeiras imaxes publicadas do futuro xogo para Xbox 360, PS3 e PC

PUBLICIDADE