A penetración das TIC nos centros de ensino non universitario galegos está entre as peores de España

luns, 13 de agosto do 2007 Marcus Fernández

Os datos sobre o número de ordenadores por estudante ou a conexión á Rede dos centros educativos non universitarios amosan unha situación moi dispar segundo a comunidade autónoma da que esteamos a falar.
Así, mentres que en Estremadura hai 2,6 alumnos por ordenador, as comunidades menos avanzadas neste aspecto serían a Comunidade Valenciana (con 13,1 alumnos por ordenador), Baleares (con 12,6), Galicia (con 12,1) e Canarias (con 12) de xeito que a disparidade con respecto a que se distancian bastante da media de 8,3 ordenadores por alumno, sendo as cantidades anteriores as referidas a centros públicos, pois, pese ó que se podería pensar nun primeiro instante, os centros privados están máis retrasados na implantación das TIC, cunha media estatal de 13 alumnos por ordenador.
Na conectividade á Rede hai que recoñecer que o avance foi substancial, estando xa o 98,3% dos centros conectados, de xeito que en comunidades coma Andalucía, Estremadura, Navarra e o País Vasco tódolos centros contarían con acceso, mentres que na Comunidade Valenciana só contarían con conexión o 94,7% e o caso galego aínda é moito peor, co 88,4% dos centros conectados á Internet.
O Goberno pretende que para 2009 haxa 2 alumnos por ordenador no ensino secundario e 6 alumnos por ordenador no ensino primario.

PUBLICIDADE