A plataforma de ciberseguridade de Vodafone inicia unha nova andaina con 2.000 contidos

luns, 2 de xuño do 2025 S. P.

Co inicio deste mes de xuño, Vodafone España relanzou a súa plataforma Internet Segura (Internet Seguro), servizo de contidos para navegar por Internet de “xeito responsable” que nesta nova andaina inclúe máis de 2.000 contidos divulgativos con 1.200 artigos especializados en ciberseguridade e no uso racional e consciente da tecnoloxía.
Segundo explicou a operadora, “este espazo converteuse nunha referencia para as familias, educadores e usuarios que buscan informarse das últimas tendencias en seguridade dixital, previr riscos e navegar de forma máis segura, especialmente no relativo ao uso da tecnoloxía por parte de menores”.
Todos os clientes de Vodafone España teñen acceso á plataforma de xeito gratuíto, desde a sección de axuda en Vodafone.es. E os que ademais teñen contratado o servizo Secure Net, reciben mensualmente, un informe coas ameazas que se lles bloquearon e os artigos máis destacados e actuais da devandita plataforma.
Esta iniciativa forma parte do compromiso de responsabilidade corporativa de Vodafone España e responde a unha preocupación crecente entre a cidadanía: o auxe das fraudes online, os retos do ciberacoso e a necesidade de xestionar o uso de dispositivos de maneira consciente. A través de contidos accesible e ben estruturados, o portal axuda a interpretar a complexidade da contorna dixital e fomenta unha cultura de prevención.
Todos os contidos elabóranse da man dun panel de expertos como son Silvia Álaba, Charo Sábada, Carlos Sahuquillo, Susana González e Chema Juárez, referentes e líderes en psicoloxía educativa, educación dixital e ciberseguridade.