A plataforma de ecommerce de Porto do Son xa está dispoñíbel en Telegram
mércores, 8 de xullo do 2020
A
plataforma de comercio electrónico do Concello de Porto Son,
sonoteucomercio.gal, segue
a ampliar mercado e radio de acción, co obxectivo de mitigar
(incrementando usuarios, comunicación e mercados), as consecuencias
económicas da COVID. Segundo
informou o Goberno local no seu Facebook, a plataforma estrou
presenza no servizo de mensaxes instantáneas Telegram, a
principal alternativa de Whatsapp.
Con
esta novidade, que amplifica a presenza de sonoteucomercio.gal nos
nosos dispositivos móbiles, refórzanse os obxectivos específicos
da iniciativa: achegar aos negocios sonenses un “recurso esencial
na difusión de todos os bens e servizos que ofrecen”, proporcionar
un escaparate integrador para o tecido empresarial, promover o
consumo no ámbito local e potenciar as compras en establecementos de
proximidade, seguros, de confianza e con produtos de calidade.
A
plataforma iniciou este verán con medio cento empresas adheridas e
de sectores moi variados: comercio, alimentación, hostalería,
turismo e servizos profesionais.