A porcentaxe de fogares galegos con Internet acada o 92,7%
venres, 28 de xullo do 2023
A
porcentaxe de fogares galegos con Internet acadou en 2022 o 92,7%, que
supón un crecemento dun 0,5% respecto ao ano anterior. En termos absolutos,
874.806 fogares galegos onde reside algunha persoa de 16 a 74 anos ten
contratado Internet, o que representa un incremento de 47.554 fogares nos
últimos catro anos.
A porcentaxe de
fogares con velocidade de conexión a Internet contratada superior a 100 Mbps
experimentou un forte incremento no último ano, e situouse no 45,4%, fronte ao
30% que rexistraba no ano 2021, o que supón un crecemento do 51,3%.
Os datos
corresponden ao estudo Galicia.
A nosa vida en dixital. A Sociedade da Información nos fogares galegos. Edición
2022 elaborado polo Observatorio da Sociedade da Información en Galicia
(Osimga), adscrito á Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia. Os
datos proceden da Enquisa Estrutural aos Fogares que realiza o IGE, que cede os
datos a OSIMGA en virtude do acordo de colaboración asinado.
Equipamentos nos fogares
O ordenador segue
a ser o equipamento por excelencia nos fogares galegos. No 2022, 733.665
fogares dispoñen de ordenador de sobremesa, portátil ou tableta, o 77,8% dos
fogares con persoas de 16 a 74 anos. Máis especificamente, o ordenador portátil
está presente no 60,1% dos fogares.
A presenza dos
televisores intelixentes (Smart TV) nos fogares galegos creceu un 12,6% no
último ano. O 49,2% dispoñen deste dispositivo, que, dende 2019, incrementou a
súa presenza nun 62,9%.
Continúa o
crecemento dos dispositivos electrónicos intelixente para o control da enerxÃa,
da seguridade, domótica, electrodomésticos intelixentes ou altofalantes
intelixentes. É dicir, o Internet das Cousas xa é unha realidade cotiá nos
fogares galegos. Por exemplo, en 2022, o 12,9% dos fogares galegos dispoñen de
altofalante intelixente con asistente dixital, o que supón un crecemento do 33%
respecto ao ano anterior.
Conexión á Internet
A contratación de
Internet nos fogares galegos foi incrementándose ata chegar ao 92,7% no ano
2022. AsÃ, 874.806 fogares galegos onde reside algunha persoa de 16 a 74 anos
ten contratado Internet, un incremento de 47.554 fogares nos últimos catro
anos.
O 75,9% dos
fogares galegos con conexión a Internet dispoñen xa dunha velocidade de
Internet superior aos 30 Mbps, cun crecemento do 8,9% no último ano.
Os fogares con
velocidade de conexión a Internet superior a 100 Mbps experimentou un forte
incremento, situándose no 45,4%, cun crecemento do 51,3% no perÃodo 2021-2022.
Usos dixitais da cidadanÃa
O 96,5% da
poboación galega usan o teléfono móbil ben sexa persoal, proporcionado pola
empresa na que traballa, ou ambas situacións. Obsérvase un uso universal nas
persoas de 16 a 44 anos mentres que, entre as persoas maiores de 64 anos, o uso
sitúase no 87,3%.
A porcentaxe de
internautas, mantense nos niveis acadados no ano anterior (89,3%). En termos
absolutos, 1.763.218 persoas de 16 a 74 anos utilizaron Internet nos últimos
tres meses, o que supón un incremento de 68.052 internautas nos últimos catro
anos.
As actividades
máis comúns dos internautas galegos no 2022 son usar mensaxerÃa instantánea
(97,3%), buscar información sobre bens e servizos (87,5%), ler noticias,
xornais ou revistas de actualidade en liña (85,7%), recibir ou enviar correos
electrónicos (82,7%), usar banca electrónica (77,2%) ou telefonar por Internet
/ videoconferencias (72%).
Continúa o estreitamento das fendas dixitais da poboación
A idade continúa
a ser unha variable relacionada co nivel de dixitalización. A menor idade,
maior uso da rede, acadando niveis de uso do 99,7% entre os/as galegos/as máis
novos/as.
A pesares disto,
a fenda dixital redúcese ano a ano e cabe salientar un significativo incremento
no nivel de dixitalización no tramo de idade de 65 a 74 anos: o 59,9% xa son
usuarios de Internet, o que representa un incremento do 2% no último ano.
Compras pola Internet
No 2022, as
compras pola Internet dos galegos e galegas acadan o 60,7%, e son as persoas de
25 a 34 anos as que máis mercan pola rede: o 91,6% fÃxoo nos últimos 3 meses.
As principais
compras que se realizaron 2022 foron roupa (incluÃda roupa deportiva), zapatos
ou accesorios (68,5%), entradas para espectáculos ou eventos (33,3%), mobles ou
accesorios para o fogar e produtos de xardinerÃa (24,9%) e reservas de
aloxamentos (23,9%)
Administración electrónica
O 93,3% da poboación galega de 16 a 74 anos realizaron xestión coas administracións ou organismos públicos por motivos persoais no ano 2022, destes o 83,8% empregou internet para realizar esas xestións. Entre estes destacan as xestións sanitarias, cun 86,1%, xunto coa tramitación da declaración da renda (41,6%).
Ciberseguridade
O 53,3% das
persoas de Galicia que usaron Internet nos últimos 12 meses padeceron algún
incidente de seguridade na rede. O incidente máis frecuente é a recepción de
spam (92,8%) seguido a moita distancia (26,2%) das estafas ou intentos de
estafa.
O 36,8% dos
galegos e galegas que navegaron por Internet nos últimos 12 meses non aplicaron
ningunha acción para protexer o acceso á súa información persoal.