A presentación dos primeiros xogos de PS5 terá lugar o vindeiro xoves
luns, 8 de xuño do 2020
O
pasado xoves terÃase que ter celebrado un evento de presentación dos primeiros
xogos para a futura PlayStation 5, pero os
conflitos raciais nos EE.UU. levaron á cancelación da cita, e finalmente
será o vindeiro xoves ás dez da noite cando terá lugar o evento
que promete amosar «o futuro dos videoxogos».
Este evento que poderá seguirse en liña é un programa pregravado que emitirase en
Full HD a 30 imaxes por segundo, detalle do que advirten dende Sony para deixar
claro que os xogos reais veranse moito mellor nunha PlayStation 5 conectada a
un televisor 4K. Outro detalle no que insisten é na recomendación de seguir a
retransmisión con auriculares, xa que o son será unha das apostas da nova
xeración de consolas.