A presidencia dos EE.UU., máis na Internet que nunca
martes, 11 de novembro do 2008

- O dominio na nova web leva o cambio no seu nome
Xa o dixemos logo das eleccións presidencias dos Estados Unidos: a Barack Obama gústalle Internet. E se non lle gusta, fai coma se asà fose. Esta tendencia estase a plasmar de diferentes maneiras, como por exemplo a través dunha páxina web feita para recoller ideas dos cidadáns: Change.gov, espazo en liña do que xa falamos os dÃas pasados en Código Cero. Os motivos de Obama para facer vida na Rede non son para menos: en parte o seu éxito débese á amplÃsima campaña de captación de seareiros despregada na Internet, levada a cabo de xeitos moi distintos. Pois ben: semella que como presidente entrante non vai deixar sen máis uso os estrados e os altofalantes virtuais empregados na campaña, máis ben todo o contrario. Segundo sinala El Mundo facéndose eco de diversas opinións de analistas polÃticos, a idea é darlles lustre todos os dÃas e traballar, apoiándose neles, a prol da cidadanÃa dixital. Dito doutro xeito: a prol de permitir que a sociedade do paÃs poida interactuar libremente co seu Goberno a través das redes, lle beneficie ou lle prexudique (ao Goberno).
En certa maneira, o seu punto de vista acerca de figurar na Internet é moi semellante ao que se poderÃa entender como dar a cara: as 24 hora do dÃa e con dispoñibilidade total. Segundo se sinala en o caderno sobre polÃtica Techpresident.com, a polÃtica de Obama vai seguir con toda probabilidade no camiño de tirar o proveito máximo das canles dixitais, en boa medida porque na Internet estase a dar un paradoxo digno de terse en conta: o poder polÃtico medra en consonancia coa marxe de participación pública que se lle dea á sociedade no eido dixital. Dito doutro xeito: se Obama quere manterse firme no poder vai ter que seguir avanzando nas posibilidades da concorrencia dixital.
Este fervedoiro de accións e debates na Internet procedente do eido público e dos seus representantes está a confluÃr de xeito especialmente salientable en páxinas como a devandita Change.gov, un espazo habilitado para mobilizar á opinión pública durante as pasadas edicións e no que se está a convidar aos cidadáns a dar o seu punto de vista sobre a situación actual do paÃs. A ferramenta, segundo diversos analistas, é dobremente útil: para os cidadáns porque poden exercer influenza sobre o rumbo polÃtico de Estados Unidos e para os seus representantes actuais porque lle toman o pulso á opinión pública e, ademais, amplÃan as súas bases de datos sobre posibles colaboradores (de feito, na web pÃdeselle aos internautas información de primeira utilidade para os gobernantes).
