As redes sociais teñen demostrado en numerosas ocasións ser ideas para a organización de iniciativas que fuxan de estruturas formais, e como exemplo diso esta tarde celebrouse na Coruña unha quedada de usuarios locais de Twitter organizada de xeito orgánico na propia plataforma, sen contar con páxina web nin responsables claramente visibles, xa que a convocatoria realizouse simplemente chiando mensaxes nas que se buscaban adhesións para logo marcar día, hora e lugar, dando así pé a unha primeira #QuedadaCoruña.
Este encontro informal botou a andar ás 19:00 horas na Praza de María Pita, que serviu de punto de encontro para rachar o xeo entre boa parte dos asistentes, para continuar a actividade nun local del hostalaría próximo, El Feudo, onde se facía unha recollida de alimentos non perecedoiros a favor do Banco de Alimentos.
A #QuedadaCoruña buscaba a desvirtualización de tuiteiros locais, ou sexa, que os usuarios de Twitter na cidade herculina poidan pór cara a outras persoas coas que habitualmente intercambian comentarios a través da Rede e, en vista de que máis de medio cento de persoas sumáronse á iniciativa, parece garantida a súa reedición, xa que este tipo de xornadas de networking son enriquecedoras para os participantes, que poden compartir experiencias e establecer unha ligazón máis forte con outros usuarios de Twitter sen unha pantalla separándoos.
O encontro foi claramente heteroxéneo, con profesionais da comunicación de medios como RadioVoz e El Ideal Gallego, profesionais da xestión de redes sociais, políticos, profesores, blogueiros, profesionais da hostalaría, xornalistas, atletas, e incluso un cómico, Víctor Grande, que nalgúns momentos exerceu de mestre de cerimonias improvisado, deixando claro que esta curiosa fórmula auto-organizativa pode trunfar incluso nunha xornada na que a meteoroloxía xogaba na contra.
O cómico Víctor Grande rexistrou boa parte do encontro nun completo vídeo que serve para resumir a xornada:

