A primeira aventura do profesor Layton chega a móbiles
martes, 25 de setembro do 2018
A saga de xogos do Profesor Layton foi un dos éxito máis
salientables de Nintendo DS e 3DS, con dúas triloxÃas e varios xogos
independentes para distintas plataformas, e agora que as primeiras entregas
semellan ter rematado a súa vida comercial volven saltando ao móbil, de xeito
que a partires de hoxe podemos mercar El
profesor Layton y la villa misteriosa para iOS
e para
Android a un prezo de 10,99 euros, de xeito que no smartphone ou na tableta
podemos gozar dun xogo de hai máis de 11 anos que ten máis que constatada a súa
calidade e poder á hora de cativar ao usuario.
Poder gozar en dispositivos móbiles dun xogo que vendeu máis d e17 millóns de
unidades é algo que agradecerán tanto os que viviran as aventuras de Layton nas
portátiles de Nintendo como os que queren agora achegarse a esta aventura de
quebracabezas e misterios, que conta agora con gráficos remasterizados en alta definición, asà como novos vÃdeos animados,
de xeito que trátase dunha versión mellorada dun clásico que recolle máis dun
cento de minixogos que superar.
- O xogo Ãnstanos a superar un cento de quebracabezas para completar a súa historia de misterio