A programación do CNTG deste ano céntrase especialmente na ciberseguridade

martes, 12 de xuño do 2018 Redacción

Durante a xornada Hacker ético, que desenvolveu esta mañá o Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia (CNTG), na que déronse a coñecer os perigos e ferramentas para poder minimizar o dano que poden ocasionar os atacantes non autorizados en sistemas informáticos, contou coa participación do director xeral de Orientación e Promoción Laboral, Alfonso Marnotes, quen puxo en valor a formación de calidade como a que se imparte no CNTG a través de 46 cursos no primeiro semestre deste ano para cualificar a preto dun milleiro de alumnos e alumnas.
Ademais, o centro leva a cabo 19 xornadas divulgativas, como a de hoxe de hacker ético. Son seminarios sobre os novos desenvolvementos no mundo das TIC nos que se prevé a asistencia de 500 persoas.
En palabras de Marnotes, este seminario reflicte o compromiso da Xunta de dar resposta ás demandas reais de cada sector de actividade, destacando que a ciberseguridade vai ser un dos retos do futuro da sociedade. A xornada contou coa asistencia de Kenneth Peiruza, consultor e formador con 20 anos de experiencia profesional no mundo do hacking ético da administración e a seguridade en sistemas Linux.
A programación deste ano do CNTG céntrase na ciberseguridade. Nas accións formativas que se impartiron sobre esta materia participaron preto de 420 alumnos e alumnas.

PUBLICIDADE