A quinta edición de Galetiktokers 2024 entregou os seus premios
luns, 25 de novembro do 2024
Fomentar a creación de vÃdeos en galego con novos formatos e darlle visibilidade á comunidade galega de tiktokers é o obxectivo da quinta edición do certame Galetiktokers, organizado polos departamentos de Xuventude e Normalización LingüÃstica do Concello de Ames. Deste xeito, o pasado sábado celebrábase a gala para entregar os galardóns aos premiados, o acto levouse a cabo na Casa da Cultura do Milladoiro e estivo presentada e dirixida polos creadores de contido en galego, Nuria GrandÃo e Rodri MÃguez, e amenizado polo rapeiro amesán Big Meu.
Indo ao palmarés: Punheta, Galibrownie, Mil e un instrumentos, As princesas tamén falan galego, Ven falar galego e Fitness da nosa terra son os vÃdeos gañadores do Galetiktokers 2024.
No evento estiveron presentes: o alcalde de Ames e concelleiro de Normalización LingüÃstica, Blas GarcÃa, a concelleira de Mocidade, Carmen Porto, e concelleiros do Goberno municipal, asà como concelleiros dos grupos municipais do Partido Popular e do BNG.
Entre as 39 pezas audiovisuais, presentadas por arredor de 80 mozos participantes de Ames e doutras localidades de Galicia, repartÃronse seis premios de 300 euros, que suman un total de 1.800 euros. Na primeira categorÃa (mozas e mozos de 13 a 17 anos) presentáronse 10 vÃdeos, mentres na segunda categorÃa (mozas e mozos de 18 a 35 anos) houbo 29 vÃdeos admitidos. Nesta edición participou alumnado de centros de ensino de Bertamiráns, Lugo e VilagarcÃa de Arousa, entre outras localidades.
Nesta quinta edición o xurado estivo composto polos creadores de contido en redes Nuria GrandÃo López e Rodrigo MÃguez Novoa xunto coa especialista en comunicación audiovisual Noelia Francisco Lens. En representación do Concello de Ames, actuou como secretaria a técnica de Normalización LingüÃstica, Rosa Moreiras Cuñarro.
Na primeira categorÃa (mozos de 13 a 17 anos) acordouse por unanimidade outorgarlle un premio de 300 euros a peza Punheta, de Luna Gouvea Diz, Paula Rubianes Miguéns, Irene Abad Señoráns e Xulia Leiro Silva. Dentro desta mesma categorÃa tamén foi premiada con outros 300 euros a peza Galibrownie, de Lara Bazarra Souto, Candela Calo Romero e Alejandra Fernández Capelo.
Na segunda categorÃa (mozos de 18 a 35 anos) acordouse, tamén por unanimidade, premiar con 300 euros á peza Mil e un instrumentos, de Miguel Barbazán Lesta. Nesta mesma categorÃa tamén foi galardoado cun premio de 300 euros o vÃdeo As princesas tamén falan galego, de AntÃa López Castro.
Engadir que os outros dous premios, escollidos polo público a través do Instagram de Xuventude Ames, foron para a peza Ven falar galego, con 563 votos, e Fitness da nosa terra, con 349 votos. Estas dúas creacións foron premiadas con 300 euros cada unha. Ven falar galego foi elaborado por Sara Briones de la Barrera, AntÃa Paz Varela, Paula González Sabugueiro e LucÃa Rubianes Miguéns. Por outra banda, os creadores de Fitness da nosa terra foron Diego Vázquez Feijoo e Mario DomÃnguez RodrÃguez.