A quinta edición do Curso Superior de Ciberseguridade celebrarase en Santiago
luns, 28 de abril do 2025
Este martes, 29 de abril ás 16:30h levarase a cabo a quinta edición do Curso Superior de Ciberseguridade que será inaugurado pola directora da Escola Galega de Administración Pública (EGAP), Sonia RodrÃguez-Campos.
Cómpre dicir que ao acto de inauguración, que terá lugar no Salón de actos da Escola Galega de Administración Pública (EGAP) (Rúa de Madrid, 2, Santiago) tamén asistirá: o director da área de infraestruturas e seguridade da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), Adrián Lence Paz; o xefe da subárea de seguridade da AMTEGA e director do curso, Gustavo Herva Iglesias, e David Torrijos, xefe da área normativa de servizos de ciberseguridade do Centro Criptolóxico Nacional (CCN).
Engadir que o curso superior de seguridade está organizado pola Escola Galega de Administración Pública (EGAP) e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), en colaboración co Centro Criptolóxico Nacional.