A rapazada de Lugo combina o lecer destas festas coa formación en TIC

luns, 23 de decembro do 2019 Redacción

O Concello de Lugo quere contribuír a achegar un Nadal conciliador para as familias e, polo tanto, para conxugar da mellor posible a actividade laboral das nais e e os pais, por unha banda, e o tempo de lecer da rapazada do fogar. Froito deste obxectivo xurdiu o obradoiro de tarxetas de felicitación dixitais que organiza a área de novas Tecnoloxías e que comezou este mañá, dando formación (e diversión) a rapazas e rapaces lucenses de idades comprendidas entre os 8 e o1 5 anos. O obxectivo é que poidan adestrarse en usos creativos das novas ferramentas ao tempo que crean postais de Nadal, de aniversario ou cargas de desexos para os Reis Magos.
Co obxectivo de achegar un entretemento útil e didáctico e favorecer igualmente a conciliación familiar durante as vacacións do Nadal, o Concello puxo en marcha este obradoiro gratuíto que se desenvolverá ate o 3 de decembro, en horario de 11:00 horas a 13:00 horas no Edificio de Novas Tecnoloxías.
A actividade súmase ao resto de propostas municipais que dende as concellerías de Benestar e Muller e Xuventude se organizan nestas datas para ofrecer alternativas de ocio e entretemento no tempo de lecer que teñen estes días as e os cativos lucenses polo parón escolar. O curso, que dispón de 15 prazas, é de balde.