A rapazada de Xermade terá ao seu dispor un campamento dixital en setembro
xoves, 28 de agosto do 2025
A Biblioteca Municipal de Xermade vai dar acollida a un campamento dixital para a mocidade no mes de setembro: unha actividade de formación, lecer e divulgación que servirá ás rapazas e rapaces asistentes para capacitárense tecnoloxicamente e sacar a máxima utilidade das novas ferramentas, amais de garantir navegacións seguras, útiles e creativas.
A formación é completamente de balde e está destinada á rapazada de entre 9 e 13 anos. As prazas son limitadas, polo que haberá que realizar unha inscrición previa no Concello de Xermade.
A formación desenvolverase do 10 ao 30 de setembro de 15.30 a 17.30 horas de luns a venres.
Campamento Dixital é unha iniciativa impulsada por Fundación Cibervoluntarios, dentro do Programa de Competencias Dixitais para a Infancia, CODI, posto en marcha polo Ministerio de Mocidade e Infancia, financiado por Fondos Next Generation da Unión Europea.
Os seus obxectivos son formar a nenos, nenas e adolescentes en competencias dixitais, garantindo asà a súa inclusión dixital, e contribuÃr á mellora da calidade de vida e a un aumento da súa participación activa na sociedade.
A aprendizaxe está exposta como un xogo, a través dunha aventura interactiva, na que deberán completar etapas e cumprir misións para conseguir logros.
