A realidade estendida e os móbiles encartables consolÃdanse nas previsións de Apple
mércores, 3 de setembro do 2025

- Persoa probando un visor Apple Vision Pro
O analista Ming-Chi Kuo vén de publicar as súas previsións de futuro sobre un par de produtos de Apple moi agardados, como serÃa a versión económica do visor Vision Pro e un futuro iPhone encartable.
Kuo asegura que Apple prepara o lanzamento do visor Vision Air para o ano 2027, que serÃa un visor de realidade estendida que corrixirÃa as principais eivas de Vision Pro: o prezo e o peso. Conta con que o visor Vision Air sexa un 40 % máis lixeiro e custe menos da metade que o seu antecesor. Tamén detalla que a empresa taiwanesa GIS serÃa a encargada exclusiva da laminación e da fabricación das lentes tipo pancake, substituÃndo ao provedor actual.
O analista atrévese a prever que en 2027 se porÃan no mercado preto dun millón de unidades de visores Vision Air, superando sobradamente as menos de 400.000 unidades de Vision Pro (que nin sequera chegou a comercializarse en España).
Apple ten previsto introducir o seu primeiro iPhone encartable en 2026, seguido dun iPad encartable en 2028. Ambos dispositivos utilizarÃan vidro ultra-fino (UTG), un material de alta complexidade técnica e elevado custo, entre dúas e catro veces superior ao do vidro convencional, que Apple incorporarÃa grazas á colaboración de GIS con Corning.
As previsións de vendas deste tipo de produtos son moi optimistas, contando con que en 2026 poidan pór no mercado entre 8-10 millóns de unidades do iPhone encartable, que incrementarÃa a súa produción ata os 20-25 millóns de unidades en 2027. No caso dun posible iPad encartable os datos serÃan máis modestos (principalmente polo seu prezo elevado), prevéndose que a súa produción serÃa de entre medio millón e un millón de unidades en 2028.
