A realidade mixta de Microsoft xa está a empregarse en quirófanos reais
venres, 20 de outubro do 2017
AÃnda que ao grande público a realidade mixta chegou aÃnda
esta mesma semana, o programa piloto baixo o que se desenvolven as HoloLens de
Microsoft leva xa moitos meses funcionando, e o seu último fito foi a súa
aplicación en quirófanos, onde poden colocarse proxeccións virtuais en calquera
punto do espazo, incluso sobre o paciente, facilitando que o cirurxián poida
acceder a toda a súa información (TAC, resonancia, radiografÃas e modelso de
reconstrución 3D) para mellorar as intervencións e acurtar os tempos
cirúrxicos.
Esta tecnoloxÃa que parece sacada dunha pelÃcula de ciencia ficción está
a ser probada con éxito no Hospital Gregorio Marañón a través da súa
Fundación de Investigación Biomédica e a Unidade de Tumores
Musculoesqueléticos, xunto á empresa española Exovite, que emprenderon un programa
piloto pioneiro a nivel mundial que facilitou o uso das HoloLens nun caso de
cirurxÃa real no que actuaron sobre un tumor muscular maligno.
Unha das grandes vantaxes da solución emprega é que o sistema pode manexarse
con xestos no aire e con comandos de voz, de xeito que o cirurxián non ten que
entrar en contacto fÃsico con elementos que poidan ser fontes de infeccións, á
vez que as pantallas de información que ten ao seu redor poden ser virtuais, de
xeito que non ocupan espazo real.
O programa continúa a avanzar para aproveitar a capacidade de rexistro e
posicionamento das HoloLens para guiar procedementos, identificando
instrumental cirúrxico e puntos exactos da anatomÃa do paciente.