A rede de Starlink cae a nivel mundial
xoves, 24 de xullo do 2025
Xusto cando T-Mobile está a estrear comercialmente nos EE.UU. o servizo T-Satelite with Starlink, que permite enviar mensaxes de texto e mensaxes multimedia dende o móbil empregando a rede de satélites de baixa altura de Elon Musk, Starlink está a experimentar unha caída global da súa rede, converténdose na incidencia técnica máis notoria desta plataforma de telecomunicacións.
Aínda que é non parece que o lanzamento do servizo para móbiles coa incidencia na rede de Starlink estean relacionados, é indubidable que a coincidencia no tempo magnifica o impacto da situación, ao facer perder a confianza na rede de satélites á hora de servir como respaldo ou en caso de emerxencias.
Estímase que o número de usuarios afectados pola caída sería superior aos 6 millóns, xa que estamos ante unha caída en todo o planeta.
ACTUALIZACIÓN: Finalmente a incidencia solucionouse tras 2,5 horas, asegurando a compañía que a caída foi provocada polo fallo dunha clave interna dos servizos de software que operan o núcleo da rede. Prometen tomar medidas para evitar que esta incidencia poida repetirse.

- A páxina web de Starlink alerta da incidencia
