A rede de Vodafone triplicou o tráfico de datos en 5G en Noiteboa e Nadal

mércores, 27 de decembro do 2023 S. P.

A rede de Vodafone España rexistrou un aumento do 11,3% no uso de datos os días 24 e 25 de decembro respecto ás mesmas datas do ano anterior. O aumento máis significativo produciuse no uso de datos con tecnoloxía 5G, que se triplicou con respecto ao Nadal de 2022.
Estes datos, explicou a operadora nunha nota de prensa, “confirman que a rede se mantén en 2023 como o medio preferido polos usuarios para, entre outras cousas, felicitar as festas do Nadal”. Respecto ao ano anterior, o tráfico de datos móbiles da rede de Vodafone rexistrou un incremento do 18% o día de Noiteboa, sendo as 16:00h a de maior actividade; e un aumento do 20% o día de Nadal, sendo neste caso as 22:00h o momento de máis actividade.
O tráfico de voz, pola súa banda, segue unha tendencia moi similar á experimentada no último Nadal, onde se aprecia unha significativa redución do 20% nos minutos de voz. A hora de maior tráfico de voz, do mesmo xeito que no Nadal de 2022, foron as 12 da mañá do día de Noiteboa.

PUBLICIDADE