A relación entre creación e tecnoloxÃa centrará o EAN 2026
luns, 13 de abril do 2026
A Xunta de Galicia vén de abrir unha nova convocatoria do Encontro de Artes Novas Cidade da Cultura de Galicia (EAN), que ofrece a 28 artistas, investigadores e profesionais emerxentes do sector cultural a posibilidade de convivir durante catro dÃas no Gaiás para presentar o seu traballo, compartir prácticas, metodoloxÃas e inquedanzas. Nesta edición préstase especial atención á intersección entre arte e tecnoloxÃa e actÃvase por primeira vez a Residencia ArtÃstica EAN, orientada a apoiar proxectos de creación ou investigación neste ámbito.
Baixo a dirección da comisaria, xestora cultural e crÃtica de arte Chus MartÃnez, o encontro desenvolverase no Gaiás entre o 1 e o 4 de setembro deste ano. O programa inclúe presentacións de proxectos, conversas con artistas, mentores e profesionais, asà como unha sesión de traballo colectivo, nun formato que aposta pola aprendizaxe compartida entre creadores emerxentes e figuras consolidadas. O prazo para presentar candidaturas permanecerá aberto ata o 21 de maio de 2026.
Ademais, quen obteña praza no Encontro de Artes Novas 2026 poderá optar á Residencia ArtÃstica EAN e acceder a unha estancia de traballo de tres meses no Museo Gaiás, que contará cunha dotación de 12.000 euros, acompañamento curatorial, apoio á produción e acceso a recursos, ademais de favorecer o intercambio con profesionais do futuro Centro Galego de Artes Dixitais.
Deste xeito, o EAN intégrase no programa de residencias REGA, impulsado pola ConsellerÃa de Cultura, Lingua e Xuventude para fomentar a creación artÃstica aproveitando as infraestruturas e equipamentos punteiros da Cidade da Cultura, asà como a colaboración con organizacións e colectivos de referencia na creación contemporánea.
Un espazo para dialogar e compartir procesos
Esta edición do Encontro de Artes Novas contará coa participación de figuras recoñecidas como a escritora, comisaria e podcaster Sonia Fernández Pan, que desde 2021 desenvolve a serie de podcasts The Tale and The Tongue co Instituto de Arte, Xénero e Natureza da Escola Superior de Deseño e Arte de Basilea. Tamén estará presente a dupla artÃstica Clo-Plas, integrada pola poeta e xornalista Xiana Arias e o artista e investigador Berio Molina, cunha proposta sonora que combina versos e electro-pop minimalista coa oralidade popular da Fonsagrada.
O programa inclúe igualmente unha conversa co profesor e investigador en FilosofÃa da TecnoloxÃa Pablo Sanguinetti, autor do libro Tecnohumanismo. Por un diseño narrativo y estético de la inteligencia artificial, ademais de numerosos artigos sobre a relación entre tecnoloxÃa, humanidades e creatividade.
Como novidade, os artistas seleccionados participarán nunha sesión para coñecer o funcionamento de Medialab Matadero, un dos espazos culturais máis dinámicos e innovadores de España no ámbito da creación contemporánea, asà como nunha sesión de traballo colectivo conducida pola artista de novos medios Laura Tabarés e o arquitecto, artista visual e docente Jacobo BugarÃn, ambos antigos participantes do encontro.
Candidaturas ata o 21 de maio
A convocatoria do Encontro de Artes Novas Cidade da Cultura está dirixida a persoas e colectivos cunha práctica artÃstica contemporánea, independentemente da súa formación, sempre que a documentación presentada permita avaliar a existencia dunha obra, liña de investigación ou proxecto creativo en desenvolvemento, consolidación ou reformulación.
