A renovación do Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega porá o foco nas tecnoloxÃas
mércores, 12 de febreiro do 2025
A Xunta de Galicia xuntou na Cidade da Cultura a máis cun cento de profesionais de diferentes ámbitos para renovar o Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega de 2004. Para esta renovación formáronse once grupos de traballo co obxectivo de actualizar o documento para adaptalo á realidade social, demográfica e lingüÃstica dos nosos dÃas.
Estes equipos sectoriais abarcan eidos como os dereitos lingüÃsticos, a oferta e dotación de recursos lingüÃsticos, a Administración, o sistema escolar, a transmisión patrimonial do idioma, o lecer, a familia, os medios de comunicación, as industrias culturais, a economÃa, a sanidade, a sociedade, a proxección exterior do galego, a lusofonÃa e as tecnoloxÃas, destacando esta materia como grande novidade do futuro texto ao cobrar unha entidade de seu, pois a realidade galega mudou extraordinariamente en tal ámbito nas últimas dúas décadas.
A coordinación dos grupos de traballo recaeu en Manuel González, membro da RAG, presidente de PuntoGal e presidente da comisión técnica do anterior plan xeral; na coordinación das comisións de traballo están a doutora de Dereito Administrativo na Universidade de Santiago de Compostela Diana Santiago, a profesora da Universidade de Vigo Edita de Lorenzo (encargada precisamente do grupo de traballo sobre tecnoloxÃas), o experto en promoción da lingua galega na universidade e en formación de adultos Manuel Núñez, o presidente da Asociación de funcionarios pola normalización lingüÃstica e avogado XoaquÃn Monteagudo, o catedrático de Lingua e Literatura galegas Armando Requeixo, a presidenta do Museo do Pobo Galego e profesora da Facultade de Medicina Concha Losada, a produtora e avogada Patricia Hermida, o presidente do Foro Enrique Peinador e recoñecido promotor da lingua galega en distintos ámbitos Xosé González, a sanitaria e escritora infantil RosalÃa Morlán, a presidenta da Fundación Vicente Risco, Celia Pereira, e o experto en relacións exteriores Xosé Lago.