A retrocompatibilidade da Xbox One fáise compatible cos xogos multi-disco

luns, 16 de maio do 2016 Marcus Fernández

Microsoft segue a facer medrar a súa biblioteca de xogos de Xbox 360 retrocompatibles con Xbox One, coa grande vantaxe de que agora xa non hai que esperar a unha data determinada do mes para a liberación da retrocompabilidade de xogos (senón que agora introdúcese a funcionalidade no sistema en canto está dispoñible), e agora incorporan o xogo Deus Ex: Humand Revolution Director’s Cut, o que supón un importante salto para a retrocompatibilidade por tratarse dun xogo de dous discos, o que abre a porta a moitas outras incorporacións.
Até o momento non había ningún xogo multi-disco de Xbox 360 que puidera xogarse na Xbox One, e agora espérase que vaian chegando máis títulos deste tipo nos vindeiros meses que, aínda que non son moitos, inclúen algunhas xoias como Mass Effect 2 e Mass Effect 3, Dead Space 2, Dead Space 3, Final Fantasy XIII, varios títulos de Tom Clancy e edicións especiais dalgúns xogos.

PUBLICIDADE