A revista Cartafol dá o salto ao iPad grazas a iBooks Author

xoves, 2 de febreiro do 2012 Marcus Fernández

Hai cousa dun ano nacía o semanario en papel de información educativa Cartafol, e agora reconvértese nunha especie de revista dixital que pode consultarse en dispositivos coma o iPad de Apple grazas a utilizar a ferramenta de edición iBooks Author, o que permite integrar contidos interactivos e multimedia (aínda que no seu primeiro número só aproveitaron a opción composición das páxinas en horizontal).
Esta publicación de balde está dirixida polo xornalista Horácio Vixande, está integramente en galego e tamén conta cunha versión en PDF para que poida sen consultada (aínda que sen elementos interactivos, o que tamén permite reducir o seu peso a unha décima parte) por un público maior. Aspira a ter unha periodicidade mensual, aínda que non desbotan pasar a semanal no futuro.

PUBLICIDADE