A revista LongaLingua comeza unha nova época multimedia
venres, 7 de marzo do 2025
- Pilar García Negro, protagonista do inicio da nova andaina da revista
A Mesa pola Normalización Lingüística e a Fundación Vía Galego retoman a publicación de LongaLingua que as entidades editaran entre 2006 e 2010. Neste novo ciclo a revista e videopodcast contará con análises sobre a situación da lingua galega en diferentes ámbitos a cargo de persoas expertas. Os artigos completarase cunha serie de videopodcast que estarán dispoñíbeis en diferentes plataformas como Spotify e Youtube. O primeiro episodio publícase este venres 7 de marzo, cunha entrevista á profesora honoraria da Universidade da Coruña, María Pilar García Negro.
A revista e vídeopodcast será dirixida pola xornalista e comunicadora Eva Fernández Prieto, que salienta o papel "referencial" de LongaLingua na súa anterior andaina. “En papel era unha publicación de referencia para a análise da lingua galega”, lembra Fernández Prieto, engadindo que “agora volverá selo en diferentes formatos multimedia”. Remata sinalando que a día de hoxe os videopodcast son un formato con bastante éxito nas plataformas dixitais “e este proxecto permitirá que a reflexión arredor da nosa lingua estea presente tamén neste espazo.
Primeiro episodio de LongaLingua