A revista Time escolle aos arquitectos da IA como Persoa do Ano
xoves, 11 de decembro do 2025
A revista Time anunciou que a súa Persoa do Ano 2025 son os chamados arquitectos da intelixencia artificial, un grupo de lÃderes tecnolóxicos que marcaron o rumbo da sociedade ao acelerar o desenvolvemento e a implantación desta tecnoloxÃa. A decisión reflicte tanto o impacto económico e polÃtico da IA como as controversias que a acompañan, na liña das eleccións dos anos anteriores (Donald Trump, Taylor Swift, Volodymyr Zelenskyy, Elon Musk, Greta Thunberg...).
Entre os protagonistas destaca Jensen Huang, director executivo de nVIDIA, compañÃa que se converteu na máis valiosa do mundo grazas ao seu dominio nos chips que alimentan a revolución da IA. Huang, que defende que esta tecnoloxÃa pode multiplicar por cinco o PIB global, é presentado como unha figura central nunha transformación que vai máis alá do mercado e penetra na diplomacia e na xeopolÃtica.
Time tamén sinala a influencia de Sam Altman, que consolidou OpenAI como un coloso de 500.000 millóns de dólares, e de Elon Musk, que impulsou a construción de centros de datos a un ritmo récord. Outros nomes como Mark Zuckerberg, Demis Hassabis ou Dario Amodei aparecen igualmente vinculados a un ano no que a IA deixou de ser unha promesa para converterse nunha infraestrutura crÃtica.
O artigo lembra que 2025 foi o ano no que a intelixencia artificial entrou de cheo na vida cotiá: desde ferramentas de programación que escriben código por si mesmas ata chatbots que xa son empregados por millóns de persoas para tarefas creativas, laborais ou mesmo emocionais. Ao tempo, medraron as preocupacións sobre os riscos, desde a desinformación ata os problemas de saúde mental derivados do uso intensivo destas tecnoloxÃas.
A elección de Time busca captar esa tensión entre a utopÃa e a distopÃa. Por unha banda, a promesa dun futuro de abundancia e produtividade; pola outra, o temor a que a concentración de poder e riqueza en mans de unhas poucas empresas provoque desigualdades e crises sociais. A revista resume asà un ano no que a humanidade entrou, sen freos, nunha nova era marcada pola intelixencia artificial.
Neal Mohan, CEO do Ano
Cómpre salientar que a revista Time tamén ten outra escolla moi tecnolóxico para pechar o ano, coa elección de Neal Mohan como CEO do Ano 2025, salientando asà o seu bo facer á fronte de YouTube dende 2023.
Time destaca a súa capacidade de consolidar YouTube como actor central na economÃa da atención, ampliando a súa influencia desde os móbiles ata as pantallas de televisión e converténdoo nunha plataforma clave para música, podcasts e deportes. A revista subliña o seu estilo sereno e accesible, a habilidade para negociar acordos estratéxicos como o da NFL, o impulso a ferramentas de intelixencia artificial que facilitan a creación de contidos e a súa proximidade cos creadores, aos que considera o motor do ecosistema. Todo isto, unido á súa visión tecnolóxica e á destreza para xestionar conflitos con grandes compañÃas e institucións, conforma o perfil que lle valeu este recoñecemento.
A sorpresa do ano!
Máis sorprendente foi a elección do Avance do Ano 2025, recoñecemento normalmente reservado a grandes avances cientÃficos (moitas veces ligados ao ámbito da saúde, como a vacina da COVID-19 ou os medicamentos da familia do Ozempic), xa que recaeu no éxito de Netflix Las guerreras K-pop.
A publicación estadounidense considera que esta produción conseguiu superar todas as expectativas nun mercado dominado por franquÃas coñecidas: foi o filme máis visto da historia de Netflix, con máis de 325 millóns de reproducións en tres meses, liderou a billeteira en proxeccións cinematográficas e acadou nomeamentos aos Grammy e aos Globos de Ouro. O seu éxito naceu dunha proposta orixinal e arriscada, cunha estética que mestura K-pop, dramas coreanos e anime, acompañada dunha banda sonora que encabezou as listaxes globais. Ademais de conquistar públicos diversos —desde nenos ata celebridades—, reforzou a forza da onda cultural coreana e transmitiu unha mensaxe universal de autoaceptación, demostrando que novas voces e historias poden dominar a cultura mundial.
