A saga Call of Duty poderÃa descansar en 2023
mércores, 23 de febreiro do 2022
AÃnda que a franquÃa de Call of Duty é unha das máis
fortes do sector dos videoxogos, con Call of Duty: Vanguard
demostrou certa fatiga, e dende Activision Blizzard estarÃan a ser moi
conscientes da situación, de xeito que, ao igual que aconteceu hai anos coa
serie Assassin’s Creed, dende
Bloomberg aseguran que non haberá entrega anual de Call of Duty en 2023.
Ao parecer, dende a compañÃa consideran que están a lanzar demasiado rápido
cada entrega de Call of Duty, e precisan máis tempo para estar á altura
das expectativas dos seareiros, e para suplir o baleiro da entrega de 2023 de Call
of Duty estarÃan xa a traballar noutros proxectos.
Cómpre lembrar que para o ano que vén xa está previsto o lanzamento dun novo Call
of Duty en liña baixo o modelo free-to-play, que poderÃa ser aÃnda
máis forte do esperado, xa que parte dos recursos destinados ás entregas anuais
da saga centrarÃanse agora na entrega de balde, que con Warframe ten
demostrado que atende a unha forte demanda do público (e xera fortes ingresos).
Queda por confirmar se realmente quedaremos sen entrega anual de Call of
Duty en 2023, e incluso se a saga poderÃa pasar a ter entregas tradicionais
cada dous anos, alternando asà os xogos tradicionais cos free-to-play,
aÃnda que estas decisións son difÃciles de prever, xa que non podemos esquecer
que Activision Blizzard inmersa nun proceso de compra por parte de Microsoft.