A saga Call of Juarez volverá ao Antigo Oeste

xoves, 6 de setembro do 2012 Marcus Fernández

En 2013 a saga de Call of Juarez vai volver cun novo xogo para Xbox 360, PlayStation 3 e PC que distribuirase a través das súas plataformas descargables, e que levará por nome Call of Juarez: Gunslinger, sendo un título bastante descritivo, pois estará protagonizado por un pistoleiro, un cazador de recompensas que deberá perseguir a personaxes como Billy O Neno, Pat Garrett, Jesse James...
O xogo recuperará o seu Modo Concentración, que permite disparos precisos nun corto espazo de tempo nunha especie de cámara lenta, característica que con variacións está a facerse moi popular, e que xa era unha das marcas distintivas desta franquía que, tras trasladarse ao mundo moderno en Call of Juarez: The Cartel, volve agora ao Antigo Oeste, recuperando os seus raizames.
Para ir dando a coñecer o xogo, veñen de estrear un vídeo promocional do mesmo:

Imaxe publicada por Ubisoft cun dos escenarios do xogo

PUBLICIDADE