A saga Carmageddon terá xogo descargable en 2012

mércores, 1 de xuño do 2011 Marcus Fernández

Hai 15 anos chegou ao PC o xogo de carreiras de coches Carmageddon, que destacaba por non centrar a súa acción en chegar o primeiro nas competicións, senón na destrución causada polo noso vehículo e a violencia que víase recompensada mediante puntos, de xeito que boa parte da graza deste título era os atropelos de peóns dun xeito artístico, o que deu moita publicidade gratuíta ao xogo nos medios de comunicación xeralistas (escandalizados pola violencia gratuíta deste produto) e mesmo levou a que algúns países aprobasen leis para regular a distribución de videoxogos e para clasificalos por idades.
Agora anuncian oficialmente que esta saga vai retornar, posiblemente a través de Xbox LIVE Arcade e PlayStation Network como o xogo descargable Carmageddon: Reincarnation, que está a ser desenvolvido por Stainless Games e debería chegar ao mercado en 2012.
Este novo xogo tamén contará con mostras de humor negro e violencia esaxerada ata un nivel cómico, con moita destrución que insten a sementar o caos nos seus circuítos nos que o menos importante será completar as carreiras antes que o resto de competidores.


Así de violento era o Carmageddon nunha das súas anteriores entregas

PUBLICIDADE