A saga Parasite Eve renacerá nas consolas portátiles de Sony

martes, 24 de agosto do 2010 Marcus Fernández

A novela nipona Parasite Eve de Hideaki Sena causou no seu día tal furor que foi levada ao cine e aos videoxogos, dando pé a dúas entregas para a primeira PlayStation, e ante os bos recordos que deixara tal saga, dende Square Enix retomaron estas aventuras e, en vez de preparar un novo capítulo para a PlayStation 3, anuncian que van ser a PSP e a PSP Go as consolas que reciban Parasite Eve: The 3rd Birthday.
Curiosamente foi na Gamescom de Colonia onde amosaron o potencial deste novo videoxogo que promete aproveitar ao máximo a potencial das consolas portátiles de Sony, de xeito que, aínda que non poidamos ver o retorno de Parasite Eve nunha consola doméstica, teremos un digno produto, que incluso podería animar á reedición das 2 primeiras entregas da saga coma xogos descargables.


Trailer de Parasite Eve: The 3rd Birthday

Os xogos de Parasite Eve combinan elementos de acción en terceira persoa e RPG

PUBLICIDADE