A saga de Devil May Cry renóvase (e outros anuncios de Capcom)
mércores, 15 de setembro do 2010
- O protagonista de Devil May Cry é máis escuro e brutal nesta revisión da saga
Nun
evento previo ao inicio da feira de videoxogos Tokyo Game Show a xente de Capcom realizou unha
serie de anuncios realmente relevantes, por afectar a coñecidas sagas e
incluso dar a coñecer un tÃtulo totalmente novo.
Sen dúbida, o grande anuncio do evento foi a confirmación do desenvolvemento
dun novo Devil May Cry por parte dos
británicos Ninja Theory, que será un tÃtulo para PlayStation 3 e Xbox 360 que
pese a estar nun estado prematuro de desenvolvemento (polo que aÃnda non ten
data de lanzamento) sorprende porque non será unha secuela da coñecida saga
senón un
acertado reinicio da mesma, reinventando incluso ao seu protagonista,
Dante, que será un personaxe moito máis escuro que a súa anterior encarnación
(o que parecen querer ilustrar amosándoo fumando constantemente e cunha
expresión máis dura e seria). O novo Devil
May Cry
conservará a mecánica de acción trepidante en terceira persoa, pero o sistema
de combate verase modificado prometendo redefinir a franquÃa, aÃnda que o usuario
non botará en falta as espadas e as pistolas coma armas coas que derrotar a
diabólicos inimigos nun contorno interactivo chego de detalles e no que a liña
que separa o ben do mal estará moi borrosa.
Como novidade absoluta, Capcom
anunciou Asura’s Wrath, un xogo
para Xbox 360 e PlayStation 3 desenvolvido co estudo xaponés CyberConnect2, e
que amosará un mundo de ciencia ficción con pinceladas de mitoloxÃa asiática,
polo que as comparacións deste tÃtulo coa saga de God of War parecen inevitables.
A historia trata de Asura, deidade traizoada por outros deuses e despoxada dos
seus poderes, que xura vinganza. O protagonista do xogo poderá invocar criaturas
e loitar contra numerosos exércitos a través dunha especie de drama serializado no que distintas liñas
argumentais fusionaranse nunha soa para conducir á resolución da trama. O seu
desenvolvemento tamén está nunha fase moi inmadura.
- Frank West acompañará a Chuck Greene no novo capÃtulo descargable que serve de precuela de Dead Rising 2
Para rematar a faena, confÃrmase que o protagonista de Dead Rising, Frank West, volverá na súa secuela coma daba a
entender unha imaxe
borrosa publicada hai unhas semanas, pero non será un simple cameo en Dead Rising 2, senón que estamos a falar dun capÃtulo
descargable chamado Dead Rising 2: Case
West, que amosará como Frank West únese a Chuck Greene nunha aventura
de acción cooperativa exclusiva para Xbox 360 na que os protagonistas indagarán
sobre as razóns do estoupido zombi en Fortune City á vez que dan detalles
relacionados co incidente de Willamette.
Que o capÃtulo descargable para Xbox 360 Dead
Rising 2: Case Zero superase as 500.000 copias en 2 semanas é unha razón clara
para este novo episodio da saga que serve de precuela de Dead Rising 2. AÃnda non hai unha data de lanzamento fixada para
este DLC, pero o que si parece claro é que os usuarios de PlayStation 3 non
poderán acceder inicialmente ao mesmo, polo que para gozar da historia completa
é preciso contar coa consola de alta definición de Microsoft, que tamén foi na
que naceu esta franquÃa que busca coller o relevo de Resident Evil.
Trailer de adianto do novo Devil May Cry
Asura’s Wrath promete ser un xogo de acción espectacular
Teaser de Dead Rising 2: Case West