A saga de Guitar Hero podería seguir viva na Nintendo DS

luns, 29 de decembro do 2008 Marcus Fernández

Pese a que a Nintendo DSi é incompatible co periférico preciso para xogar ao Guitar Hero On Tour grazas á norteamericana Entertainment Software Rating Board (ESRB) sabemos que esta licenza musical continuará a lanzar novos títulos para a portátil de Nintendo, e se agarda que en 2009 saia o Guitar Hero On Tour: Modern Hits, que incluiría temas coma Still Waiting de Sum41, The Fallen de Franz Ferdinand e Paralyzer de Finger Eleven.
Ata o momento o xogo xa contaba cunha secuela (Guitar Hero On Tour: Decades) polo que a franquía parece querer manterse na DS, aínda que deberán buscar un método para adaptar o Guitar Grip para a Nintendo DSi (aínda non comercializada en Europa) que carece do porto de Game Boy Advance no que se conecta o accesorio actual.

PUBLICIDADE