A saga galega de Dragal converterase en videoxogo, cómic e filme da man de Ficción Producións
xoves, 21 de marzo do 2013
- Manuel Bragado (Xerais), Julio Casal (Ficcion) e Elena Gallego Abad
Na
nosa terra
temos a nosa particular J.K. Rowling (creadora de Harry
Potter),
falamos de Elena Gallego Abad, autora de Dragal
I: A herdanza do dragón -Premio Frei MartÃn Sarmiento 2012- e de dúas entregas máis desta
serie, Dragal
II: A metamorfose do dragón,
e o terceiro libro, Dragal
III: A fraternidade do dragón. Perante
o triunfo que supuxo a saga Dragal,
Ficción
Producións
decidiu facerse cos dereitos dos libros (lanzados por Xerais) e ten previsto introducir a
novela no mundo crossmedia.
A idea consistirÃa nunha adaptación ao cinema
da triloxÃa, no desenvolvemento de videoxogos para varias
plataformas, cómics e a creación dunha comunidade de seareiros a
través das redes sociais, a Fraternidade
do Dragón.
Na presentación de onte marcáronse as primeiras
datas para a publicación das novelas gráficas de Dragal,
que estarán nas librarÃas antes da fin de 2013.
O
equipo de Ficción está a traballar mediante bosquexos baseados nos
escenarios descritos na triloxÃa, modelados 3D, a adaptación do
texto para o guión dos filmes e outros materiais que arestora se
están a desenvolver. Deste xeito, Dragal
únese a outros proxectos con vocación internacional da produtora
galega, como o proxecto transmedia Tutu
e a longametraxe Schimbare,
que serán presentados os vindeiros dÃas en varios festivais
audiovisuais na Arxentina e Alemaña.
Pola
súa banda Elena Gallego deu xa o primeiro paso para exportar as
novelas fóra das fronteiras da nosa comunidade coa súa tradución
ao castelán.
Engadir
a xeito de curiosidade que a presentación oficial de Dragal
acontecÃa onte, 20 de marzo, coincidindo a mantenta co equinoccio de
primavera, intre de grande importancia dentro da saga tanto na
ficción coma na realidade. Pois ese mesmo dÃa, pero hai catro anos,
era inscrito no rexistro da propiedade intelectual o primeiro libro
de Dragal... E as
coincidencias non rematan aÃ, pois tamén Ficción botaba a andar
como empresa un 20 de marzo, pero de hai 10 anos.