A segunda edición de CIBER.gal terá lugar entre os días 9 e 10 de novembro na Cidade da Cultura
venres, 14 de outubro do 2022
Os días 9 e 10 de novembro o
Edificio Fontán da Cidade da Cultura acollerá a segunda
edición do Encontro Galego de Ciberseguridade CIBER.gal dirixido a
empresas, cidadanía e administracións públicas. Durante dúas xornadas e a
través de diferentes actividades e relatorios de expertos de referencia,
abordarase o estado da ciberseguridade nas empresas, traballadores e cidadáns,
así como a súa importancia no día a día de todos nós.
A mañá da primeira xornada centrarase nos retos da
ciberseguridade nas administracións públicas, abordando os avances da Xunta e
do Goberno do Estado neste ámbito, as implicacións para este sector da nova
normativa estatal, as liñas de colaboración e sinerxías entre administracións
públi-cas e casos de éxito como o da Generalitat Valenciana. Na tarde deste día
o público obxectivo será o tecido empresarial e abordaranse aspectos como as
medidas públicas de apoio para facer mello-rar a ciberseguridade na industria,
a importancia da ciberresiliencia nas entidades, os novos retos aos que se
enfrontan os responsables de tecnoloxías nas organizacións, as tendencias
delituosas que están afectando ao sector privado neste 2022 ou a
ciberseguridade na Intelixencia Artificial e no metaverso.
A segunda xornada está orientada á cidadanía, e afondará na
importancia da formación e retención de talento no ámbito da ciberseguridade.
Ademais, terá lugar unha representación teatral sobre o acoso nas redes sociais
da man da Escola Superior de Arte Dramático de Galicia. Haberá un relatorio con
hacking en directo, para facer ver aos asistentes como, nunha soa acción, se pode
converter un mesmo en vítima dun ciberdelincuente. Tamén se contará con espazos
técnicos de exposicións sobre proxectos e ideas de ciberseguridade e a entrega
de premios dos diferentes concursos.
Actividades complementarias
O Encontro Ciber.gal ofrecerá actividades complementarias
para enriquecer o seu programa princi-pal. Ademais da segunda edición do exitoso concurso de
escolares Ciberseguridade no cole! organi-zado por Telefónica no marco do
Encontro que conta xa con preto de 100 inscritos, Cátedra R e Gradiant
organizarán un Capture The Flagque porá a proba os coñecementos e habilidades
dos participantes no eido da ciberseguridade. A Cátedra R tamén apoia a
celebración do encontro im-partindo un obradoiro sobre o análise forense de
imaxes manipuladas. Outra das novidades é a de actividades específicas
dirixidas ao colectivo senior para favorecer a súa confianza no uso de
tecno-loxías dixitais, que ven da man de Telefónica para empoderar aos nosos
maiores no uso seguro das tecnoloxías. Haberá sorteos e premios entre os
asistentes que acudan de xeito presencial ás xorna-das.
Este ano apoian a celebración do Encontro entidades
pertencentes ao Nodo CIBER.gal, axente que organiza as xornadas, pero tamén
outras non vinculadas a este ecosistema como mostra do seu compromiso coa importancia da ciberseguridade
a todos os niveis no día a día. Abanca, NTTDATA e Grupo Oesía son
patrocinadores estratéxicos do II Encontro CIBER.gal.
O programa completo de Cibergal pode consultarse en
liña.