A serie Xiaomi 12 chega ao mercado español
martes, 15 de marzo do 2022
O último evento de Xiaomi serviu para presentar globalmente
os novos produtos da compañÃa chinesa que lidera as vendas de móbiles en España
e que xa
se presentaran inicialmente para o mercado chinés. Falamos dos novos Xiaomi
12 e Xiaomi 12 Pro, novos móbiles insignia que estarán acompañados polo Xiaomi
12X, que será o dispositivo de entrada desta gama alta, vendéndose a 699,99
euros con 8 GB de RAM e 256 GB de almacenamento.
O Xiaomi 12X chega cun
procesador Qualcomm Snapdragon 870, pantalla Full HD+ AMOLED de 6,28 polgadas
cun refresco de 120 Hz, cámara traseira tripla cun sensor principal
estabilizado de 50 MpÃxeles, cámara frontal de 32 MpÃxeles, NFC, 5G, Wi-Fi 6,
Bluetooth 5.1, altofalantes duais con Dolby Atmos, baterÃa de 4.500 mAh con
carga rápida de 67 watts. Un móbil moi completo e cun deseño moi coidado, que
podemos ver como a opción de referencia para a meirande parte dos usuarios que
simplemente queren un móbil de gama alta.
O Xiaomi 12 quere ir un
paso máis adiante, polo que incorpora un procesador Qualcomm Snapndragon 8 Gen
1, carga rápida sen fÃos a 50 watts e carga inversa sen fÃos a 10 watts. En
definitiva, un móbil máis completo que está á última, o que supón prezos máis
elevados: 799,99 euros o modelo con 8 GB de RAM e 128 GB de almacenamento
interno, e de 899,99 euros con 256 GB de almacenamento interno.
O Xiaomi 12 Pro serÃa o
modelo definitivo da gama, que mellorarÃa a pantalla para contar cunha
resolución WQHD+ cun refresco dinámico de 120 Hz, unha cámara traseira tripla
con 50 MpÃxeles en todos os sensores e baterÃa de 4.600 mAh con carga rápida de
120 watts, o que permite cargar o móbil ao completo en só 18 minutos. Este
impresionante smartphone parte venderase a 999,99 euros con 8 GB de RAM e 256 GB
de almacenamento, e a 1.099,99 euros con 12 GB de RAM.
Reloxo conectado
Adicionalmente Xiaomi tamén presentou o Xiaomi Watch S1 Active,
reloxo deportivo con pantalla AMOLED de 1,43 polgadas, numerosos modos
deportivos, resistencia á agua compatible coa natación, monitorización de
osÃxeno en sangue durante todo o dÃa, monitor de frecuencia cardÃaca de 24
horas, GPS, a posibilidade de facer chamadas telefónicas por Bluetooth, pagamentos
sen contacto compatible con Mastercard, compatibilidade co asistente de voz
Alexa e baterÃa cunha autonomÃa de até 12 dÃas de uso normal e 30 horas en modo
GPS. O seu prezo é de 199,99 euros.
Auriculares con cancelación de ruÃdo
Outros produtos que porán á venda nos vindeiros dÃas
serán os auriculares Xiaomi Buds
3, que por 129,99 euros prometen unha grande calidade sonora, cancelación
de ruÃdo activa (con 3 modos de cancelación e modos de transparencia) e unha
autonomÃa de até 7 horas ampliable até 32 horas co estoxo de carga que tamén
soporta carga sen fÃos. Para usuarios máis esixentes chegan os Xiaomi Buds 3T Pro, que
prometen son de alta fidelidade, son envolvente e un modo de transparencia
dobre que permite conversar libremente mentres se empregan estes auriculares
que teñen un prezo de 169,99 euros.